Dende o outono do ano pasado a compañía DINAMOteatro, en colaboración coa Coordenadora Galega de ONGDs, está a representar o espectáculo "Pobreza 0,0" nas diferentes cidades galegas. De momento xa estiveron na Coruña e en Compostela, e desta volta tócalle o turno a Vigo.
Mañá sábado 2 de Febreiro, no local parroquial de Coia, ás 20:00 Felipe Díaz "Caxoto" e Pedro Brandariz subirán as táboas para representar un espectáculo que ten como principal obxectivo a sensibilización na idea da Pobreza 0, no reparto equitativo da riqueza, no comercio xusto, nunha democracia real ...
"Pobreza 0,0" analiza dende un punto de vista humorístico as relacións internacionais, a hipocresía do capitalismo, as novas máis actuais ... E tamén dunha maneira moi interactiva, pois o público participa moi activamente do espectáculo.
DINAMOteatro ten percorrido un longo camiño de estreita colaboración con diferentes organizacións non gubernamentais de axuda ó desenvolvemento: Solidaridad Internacional Galicia, Entreculturas, CGONGDS, EAPN-Galicia ...
No hay comentarios:
Publicar un comentario