A equipa educativa de DINAMO imparte esta fin de semana (30 e 31 de marzo) varios módulos do Curso "O Galego Campa". Este curso forma parte do Plan de Formación para as Monitoras/es organizado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.
Pero ademáis este curso inclúese nun programa de dinamización lingüistica denominada "O galego Campa" promovida pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Neste curso as monitoras e monitores descubrirán e coñecerán unha manchea de recursos e actividades que poderán levar a cabo nos campamentos e outras actividades, pero en galego.
Froito da análise realizada nos múltiples campos de acción da equipa de DINAMO no eido do lecer e tempo libre comprobouse que nas cantigas, nos xogos, nos entretementos ... predomina o castelán. Isto é debido á falla de recursos deste tipo en lingua galega. Pois ben este tipo de cursos ven a cubrir esas necesidades.
O curso celebrarase nas instalacións do Albergue Xuvenil de Gandarío.
No hay comentarios:
Publicar un comentario