“Planet Club” é un proxecto de intervención coa mocidade en
materia de prevención de drogodependencias.
Está promovido polo Concello de
Pontedeume e xestionado por DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais SL.
O 27 e o 30 de marzo o centro organizará unha manchea de
actividades para que as alumnas e alumnos do IES Fragas do Eume coñezan este
servizo para a mocidade. As mozas e mozos deste centro achegaranse ó centro en
pequenos grupos durante toda a mañá do martes e do venres.
Aínda que a maioría das mozas e mozos da vila eumesa xa
participan no Planet Club esta actividade ten como obxectivo dar un novo pulo á
participación, sobre todo entre os primeiros cursos do ensino secundario.
As xornadas están organizadas conxuntamente polo Concello de Pontedeume, o Concello de Cabanas, o IES Fragas do Eume e Dinamo Xestión de Actividades Socioculturais, dentro do Programa Saída 21.
No hay comentarios:
Publicar un comentario