Mostrando entradas con la etiqueta carnota. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta carnota. Mostrar todas las entradas

domingo, 2 de abril de 2017

DINAMO organizou Xincanas Pola Igualdade en Muros e Carnota

O pasado 8 de Marzo, a equipa profesional de DINAMO organizou varias xincanas pola igualdade en varios centro educativos dos concellos de Muros e Carnota, con motivo da celebración do Día Internacional das Mulleres.

As xincanas están conformadas por probas e preguntas en torno á igualdade de xénero, a corresponsabilidade no fogar, a equidade de oportunidades no eido laboral e na prevención das discriminacións principalmente sociais.

Dunha maneira lúdica e divertida as nenas e nenos aprenderán que para cadar a igualdade real e efectiva de dereitos, obrigas, oportunidades e trato debémonos implicar todas e todos, nenas e nenos, mulleres e homes...

As Xincanas pola Igualdade son unha das actividades estrela de DINAMO para traballar na igualdade dunha maneira lúdica, divertida e transversal.






viernes, 25 de noviembre de 2016

DINAMO organizou Obradoiros de Hip Hop pola Igualdade en Muros e Carnota

A mañá do 25 de novembro a equipa educativa de DINAMO levou a cabo 5 obradoiros de Hip Hop pola Igualdade de Xénero nos IES de Muros e Carnota, promovidos polo CIM de Muros que abrangue os dous concellos.

Unha educadora con formación e experiencia no eido da igualdade e prevención da violencia de xénero e o rapeiro Ricky Hombre Libre artellaron un obradoiro no que as mozas e mozos aprenden a rimar, descubren as técnicas básicas e do rap e practican o freestyle, sempre dende a perspectiva de xénero. Desta maneira crean cancións e letras para sensibilizar na igualdade de xénero e na prevención da violencia machista.

Os obradoiros de hip hop son unha magnífica ferramenta para traballar contidos educativos e sobre todo dentro da perspectiva de xénero

Son unha das actividades estrela desta tempada e realizamos este tipo de obradoiros en outro moitos concellos.

Se queres recibir a nosa proposta de Obradoiros para a Mocidade ou a Proposta de Actividades para a Igualdade de Xénero e Prevención da Violencia Machista podes chamar ó 619.345.100 ou escribir a dinamo@dinamoxestion.com