Durante o mes de xullo e parte de agosto a equipa profesional de DINAMO leva a cabo tres Obradoiros Semanais de Cociña Básica para mozas e mozos.
Son cinco sesións para cada grupo de idade, dende os 12 ata os 30 anos, nas que as e os participantes aprenden o básico para cociñar de maneira autónoma. E de paso descubren pratos e receitas un pouco máis específicas e diferentes, co obxectivo de que cociñar sexa algo divertido para elas e eles.
Trátase de ofrecer unha capacitación das máis básicas, e ao mesmo tempo traballar no eido da igualdade de xénero, fuxindo de estereotipos e roles machistas, así como na boa alimentación e nutrición.
Estas actividades están enmarcadas dentro do Programa de Ocio Saudable que o Concello da Coruña, a través de Servizos Sociais, leva a cabo nos centros cívicos.
Os obradoiros de cociña son unha magnífica oportunidade didáctica para mozas/os e para nenas/os. Se queres coñecer a nosa Proposta de Obradoiros de Cociña non dubides en chamar ó 619.345.100 ou escribir a dinamo@dinamoxestion.com
Mostrando entradas con la etiqueta cociña para xovenes. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta cociña para xovenes. Mostrar todas las entradas
lunes, 25 de julio de 2016
martes, 7 de junio de 2016
DINAMO organiza Obradoiros de Cociña e Cócteles sen Alcol en San Sadurniño
Durante catro venres de maio e xuño a equipa profesional de DINAMO desenvolverá Obradoiros de Cociña e Cócteles sen Alcol dentro do Programa de Lecer Alternativo "Venres en Sansa", organizado polo Concello de San Sadurniño para a mocidade.
"Venres en Sansa" trátase dun programa de actividades lúdicas e formativas para fomentar hábitos saudables entre a xuventude e previr condutas nocivas.
A equipa de DINAMO desenvolve neste programa Obradoiros de Cociña e Cócteles sen Alcol. As actividades de cociña supoñen unha magnífica oportunidade didáctica para a mocidade, pois apórtalles capacidades e autonomía, trabállase a igualdade de xénero, e foméntase hábitos alimentarios positivos. E os cócteles sen alcol teñen unha funcionalidade clara. amosar ás mozas e mozos que se poden beber cócteles moi eleborados, pero moi saudables.
Dende DINAMO levamos a cabo unha manchea de actividades e propostas para a mocidade. Se queres recibir a nosa proposta só tes que chamar ó 619.345.100 ou escribir a dinamo@dinamoxestion.com

Suscribirse a:
Entradas (Atom)