Durante o mes de xullo e parte de agosto a equipa profesional de DINAMO leva a cabo tres Obradoiros Semanais de Cociña Básica para mozas e mozos.
Son cinco sesións para cada grupo de idade, dende os 12 ata os 30 anos, nas que as e os participantes aprenden o básico para cociñar de maneira autónoma. E de paso descubren pratos e receitas un pouco máis específicas e diferentes, co obxectivo de que cociñar sexa algo divertido para elas e eles.
Trátase de ofrecer unha capacitación das máis básicas, e ao mesmo tempo traballar no eido da igualdade de xénero, fuxindo de estereotipos e roles machistas, así como na boa alimentación e nutrición.
Estas actividades están enmarcadas dentro do Programa de Ocio Saudable que o Concello da Coruña, a través de Servizos Sociais, leva a cabo nos centros cívicos.
Os obradoiros de cociña son unha magnífica oportunidade didáctica para mozas/os e para nenas/os. Se queres coñecer a nosa Proposta de Obradoiros de Cociña non dubides en chamar ó 619.345.100 ou escribir a dinamo@dinamoxestion.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario