O Centro de Lecer Xuvenil Portaberta, xestionado por DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais SL, organiza para este venres 1 de Xullo un concerto de rap. Tal concerto contará coa participación de tres grupos:
- Peter Rast
- DobleDL
- Dementes
Dende as 20:00 as mozas e mozos oleirenses poderán desfrutar das actuacións musicais no centro ubicado na rúa Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, nº5 de Santa Cruz, Oleiros.
O concerto do venres forma parte do amplo programa de actividades que se realizan diariamente no centro de lecer, destinado sobre todo a mozas e mozos de 12 a 18 anos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario