Os vindeiros sábado 18 e domingo 19 o Concello de Cambre, a través da Concellería de Participación Cidadá, Cooperación e Solidariedade, organiza a II Mostra Intercultural Solidaria na que DINAMO xestiona e leva a cabo parte das actividades.
Dende as 11:30 ata as 21:00 dos dous días as veciñas e veciños de Cambre poderán coñecer as principais iniciativas solidarias e de voluntariado que xurden no concello cambrés e na súa área de influencia, así como participar en todas as actividades organizadas.
Ademáis dos stands informativos de ONGs, colectivos, asociacións, institucións, iniciativas … o programa de actividades está conformado por obradoiros infantís, animacións de rúa, charlas, demostracións, actuacións musicais e teatrais, contacontos …
A equipa educativa e escénica de DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais dinamizará algunhas das actividades,e asimismo colaborará nas tarefas de coordinación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario