O Concello de Arteixo organiza unha xornada formativa e de convivencia para as familias do concello. O venres 17 de Xuño dende as 16:00 no Centro Tecnolóxico as persoas inscritas participarán nas actividades:
- Obradoiros formativos para persoas adultas, nais/pais, titoras/es e profesionais do ámbito socio-familiar.
16:00 Recollida de Materiais
16:15 Presentación da Xuntanza (a cargo do Alcalde e Concelleiro de Área)
16:30 Conferencia de “Sonia Cervantes”
“Da rebeldía ó cambio” Psicóloga e orientadora dos programas “El Campamento” e "Hermano Mayor”.
18:30 Obradoiros Formativos
19:30 Mesa Redonda “O acollemento familiar como alternativa de familia”
-
Obradoiros lúdicos para nenas e nenos.
As persoas adultas terán a oportunidade de inscribir ás/ós menores ó seu cargo. Haberá coidado de nenas e nenos.
As actividades lúdicas consistirán en xogos tradicionais, dinámicas cooperativas, inchables …
As actividades lúdicas consistirán en xogos tradicionais, dinámicas cooperativas, inchables …
20:30 Actuación do Mago Berto.
As actividades lúdicas e parte das formativas están organizadas por DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais SL.
Para máis información ou para inscribirse pódese chamar ó 981.640.836 ou entrar na páxina web www.arteixo.org (as actividades son totalmente gratuitas).
No hay comentarios:
Publicar un comentario