Mostrando entradas con la etiqueta down. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta down. Mostrar todas las entradas

domingo, 3 de febrero de 2019

DINAMO encargouse do Servizo de Conciliación do Encontro de Down España celebrado en Compostela

O pasado 8 de decembro a equipa de DINAMO encargouse do servizo de gardería e lecer das máis cativas e cativos no Encontro Nacional que Down España celebrou en Santiago de Compostela.

Ademáis de velar pola seguridade das máis cativas/os e permitir así a conciliación co propio encontró as monitoras/es ofreceron una enorme variedade de actividades para que o encontró fose todo un éxito.

Dende DINAMO temos ampla experiencia en actividades de ocio para persoas con discapacidade, polo cal ésta foi una magnífica oportunidade de pasar una xornada agradable de xogos, ilusión e inclusión.



domingo, 29 de octubre de 2017

DINAMO encargouse do Programa de Actividades Lúdicas do Encontro Autonómico de Down Galicia

O pasado 21 de outubro a equipa profesional de DINAMO encargouse do Programa de Actividades Lúdicas do Encontro Autonómico de de Persoas Usuarias, Familiares e Profesionais de Down Galicia, celebrado no IES Politécnico de Santiago de Compostela e que reuniu a máis de 400 persoas. 

Durante toda a xornada as nenas/os e mozas/os participaron nun amplo programa de actividades lúdicas, artísticas, manuais, deportivas, escénicas, audiovisuais... dinamizadas por unha equipa de máis de 14 educadoras/es pertencentes a DINAMO.

Houbo grupos dende case neonatos (0-3 anos) ata os maiores de idade (+ 18 anos), e todos tiveron actividades acaídas ás súas idades, coñecementos e intereses.

Dende DINAMO traballamos na coordinación e dinamización de grandes grupos e ademáis contamos cunha ampla experiencia no eido da diversidade funcional.