O pasado luns 18 e martes 19 de decembro O Apalpador do Courel e Xía a Trasna do Monte visitaron os centros educativos do Concello de Fene, grazas á equipa de DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais e por iniciativa da Concellería de Cultura do Concello de Fene.
Foron dúas xornadas percorrendo a xeografía de Fene, pois percorreron seis centros educativos. Nos colexios levaron a cabo un contacontos, protagonizado polo propio Apalpador, e una sesión de xogos nadaleños dinamizados por Xía.
Fene é un dos múltiples concellos que O Apalpador do Courel visitará da man de DINAMO neste remate do ano 2017: Cambre, Viana do Bolo, A Coruña...
No hay comentarios:
Publicar un comentario