Nas pasadas semanas, xusto antes do tempo de Entroido a equipa profesional de DINAMO levou a cabo oito obradoiros de creación de títeres de Entroido nas bibliotecas de Oleiros.
Trátase dunha actividade que xa se realizou en anos anteriores. Neste 2015 as nenas e nenos confeccionaron monicreques das diferentes figuras tradicionais de Entroido: peliqueiros, cigarróns, pantallas, felos...
As citas foron as seguintes:
Luns 9 de Febreiro. Biblioteca de Dorneda.
Luns 9 de Febreiro. Biblioteca de Oleiros.
Martes 10 de Febreiro. Biblioteca de Montrove.
Mércores 11 de Febreiro. Biblioteca de Santa Cruz.
Xoves 12 de Febreiro. Biblioteca Rialeda. Perillo.
Xoves 12 de Febreiro. Biblioteca de Lorbé.
Venres 13 de Febreiro. Biblioteca de Mera.
Venres 13 de Febreiro. Biblioteca de Nós.
Mostrando entradas con la etiqueta títeres. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta títeres. Mostrar todas las entradas
domingo, 22 de febrero de 2015
sábado, 22 de febrero de 2014
DINAMO organiza Obradoiros de Títeres en Entroido nas Bibliotecas de Oleiros
As nenas e nenos de Oleiros poderán participar neste tempo de Entroido en Obradoiros de Creación de Títeres e Monicreques, promovidos polo Sistema de Bibliotecas do Concello de Oleiros e xestionados pola equipa profesional de DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais.
Os obradoiros realizaranse nas diferentes bibliotecas do concello, todos os días ás 18:30 e cunha duración de 90 minutos.
As nenas e nenos participantes poderán realizar sinxelos monicreques confeccionados con variñas, pelotas de porexpan, gomaeva, feltro, etc. nun lúdico e divertido obradoiro de manualidades.
As datas de celebración dos obradoiros son as seguintes:
- 18 de febreiro: Biblioteca "Manuel María" de Oleiros (tfno. 981 610 700)
- 24 de febreiro: Biblioteca Central Rialeda de Perillo (tfno. 981 639 511)
- 25 de febreiro: Biblioteca "Federico García Lorca" de Montrove (tfno. 981 639 515)
- 25 de febreiro: Biblioteca "Mª José Trincado" de Mera (tfno. 981 628 507)
- 26 de febreiro: Biblioteca "Xograr Mendiño" de Lorbé (tfno. 981 618 201)
- 27 de febreiro: Biblioteca "Mª José Ruso" de Dorneda (tfno. 981 626 638)
- 28 de febreiro: Biblioteca "Ánxel Fole" de Nós (tfno. 981 664 257)
- 6 de marzo: Biblioteca "Rosalía de Castro" de Santa Cruz (tfno. 981 626 338)
Adxuntamos os teléfonos das bibliotecas pois é necesaria a inscrición para participar.
martes, 13 de marzo de 2012
DINAMO organiza sendos obradoiros no Programa Nocturnia
Esta mesma fin de semana comeza na cidade da Coruña unha
nova edición do Programa de Lecer Alternativo para a Mocidade “Nocturnia”, que
ofertará actividades a todas as mozas e mozos coruñeses dende marzo ata o
vindeiro mes de xuño.
DINAMO encargarase de dous dos obradoiros dentro da múltiple
e variada oferta.
Concretamente serán os seguintes:
-
Obradoiro de Títeres de Gomaespuma: 14 de abril
-
Obradoiro de Reciclaxe de Cápsulas de Café: 9 de xuño
En canto se achegue a dara ofreceremos máis información
sobre cada un dos obradoiros
Pero recomendámosvos que entredes na páxina web do programa Http://nocturniacoruna.blogspot.com
Etiquetas:
a coruña,
actividades,
cápsulas,
concello da coruña,
dinamo,
gomaespuma,
lecer,
lecer alternativo,
mocidade,
monicreques,
nocturnia,
obradoiros,
programa,
reciclaxe,
títeres,
xuventude
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
