Na presente edición do Programa de Lecer Xuvenil Nocturnia, promovido pola Concellería de Xuventude do Concello da Coruña, a equipa profesional de DINAMO levou a cabo dous obradoiros, un de "Creación de Robots en Fimo" e outro de "Danzas do Mundo" .
No primeiro deles as e os participantes poideron crear os seus pequenos robots simulados a partir dun material moldeable como é o fimo.
E no obradoiro de "danzas do mundo" aprenderon diferentes bailes e coreografías procedentes de tradicións de países diversos, conformando deste xeito unha actividade lúdica, artística e intercultural.
Estas son dúas das novas actividades que se enmarcan dentro da Proposta de Actividades para a Mocidade que se ofrece, dende DINAMO, para concellos, asociacións, centros educativos e outro tipo de entidades que traballen coa xuventude. Se queres recibir esta proposta-catálogo non dubides en solicitala no 647.488.688 ou escribindo un correo electrónico a dinamo@dinamoxestion.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario