O pasado 24 de maio, as familias e veciñas/os de Novo Mesoiro participaron nun obradoiro interxeracional arredor da música tradicional galega.
Nunha primeira parte as máis cativas e cativos experiementaron con diferentes instrumentos como son as pandereitas, cunchas, tamboriles, bombos e gaitas. Rotando por diferentes estacións (instrumentos) aprenderon o ritmo básico da muiñeira, para despois poñelo en práctica.
A continuación pequenas/os e maiores aprenderon os puntos de baile básicos para bailar unha muiñeira, nunha gran roda interxeracional.
E para rematar organizouse unha gran foliada onde participaron dunha maneira moi activa todas as persoas alí presentes, cantando, bailando e tocando.
Toda a actividades estiveron dinamizadas por especialistas na música tradicional, membros da agrupación "Asubíos das Mariñas" e contou co apoio da equipa educativa de DINAMO.
A actividade desenvolveuse por iniciativa do Centro Cívico de Novo Mesoiro e foi xestionada por DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais.
"Ven bailar Carmiña" é un novo proxecto de DINAMO que ten como obxectivo achegar a música tradicional ás máis cativas e cativos, e tamén ás súas familias, dunha maneira lúdica, divertida e didáctica.
Se estades interesados en organizar unha actividade como esta podes chamar ó 647.488.688 ou escribir un correo electrónico a dinamo@dinamoxestion.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario