A equipa de DINAMO levará a cabo os Campamentos Específicos para Persoas con Discapacidade, nas quendas do Albergue Xuvenil de Gandarío.
Serán as quendas do 1 ao 10 e do 11 ao 20 de Agosto, nas que participarán 30 mozas e mozos por cada decena.
Durante os dez días de cada campamento as e os participantes realizarán unha man chea de divertidas e didácticas actividades, como grandes xogos, xincanas, obradoiros, saídas e excursións, festas, veladas, deportes acuáticos, xogos na praia...
E todas esas actividades cun fío conductor, cunha temática central. Se outros anos as temáticas foron: "os superheroes", "o oeste", "o circo", "a volta ao mundo", "a máquina do tempo", "eureka, a ciencia" ... desta volta tócalle o turno a "Master Chof, escola de chefs". Todas as propostas estarán enmarcadas dentro dese paraugas temático, e evidentemente faremos moitas actividades de cociña.
As intencións principais deste tipo de programas é ofrecer unha alternativa de lecer ás mozas e mozos con discapacidade, así como traballar cara a súa capacitación para acadar unha maior autonomía nas súas vidas, e camiñar cara unha normaliación.
Asi mesmo tamén sirve de "respiro" para as familias e persoas coidadoras, que durante dez días descansan de tales labores.
DINAMO está especialiazada en todo tipo de propostas de lecer para o colectivo de persoas con discapacidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario