Por iniciativa do Concello de Oleiros estase a celebrar un Curso-Obradoiro de Grafite na praia de Bastiagueiro dende o pasado día 18 de Xullo e ata o 28 do mesmo mes.
De luns a venres de 11:00 a 14:00 unhas 20 mozas e mozos aprenden as técnicas básicas do grafite e do muralismo, ó mesmo tempo que van confeccionado un mural nos propios muros da praia dunha alta calidade artística. De feito o mural que realizan ten temática marina, polo que parece que o mar conti
núa máis alá dos límites naturais.
Este obradoiro ven a continuar outros anteriores onde se comezou esta gran obra de arte.
Ademáis das pretensións didácticas en torno ó arte tamén se educa no respecto polo mobiliario público, evitando desta maneira actos vandálicos.
A actividade está xestionada por DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais SL e o
docente deste curso é Joseba Muruzábal, recoñecido artista plástico.
No hay comentarios:
Publicar un comentario