A equipa de DINAMO vai colaborar este sábado no Encontro de Familias Galegas con nenas e nenos de Chernóbil que se celebrará nas Torres de Santa Cruz o vindeiro sábado 16 de Xullo.
O Encontro é entre as familias galegas que acollen durante o período estival nanas e nenos procedentes de Chernóbil, en Ucraína e dende DINAMO se aportan actividades lúdicas para as cativas e cativos.
Durante toda a tarde a equipa educativa organizará xogos populares galegos, globoflexia, xogos con paracaídas, obradoiros manuais, actividades musicais …
O Encontro está organizado pola entidade Ledicia Cativa e o Concello de Oleiros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario