Todos os venres de verán de 20 a 22 horas as mozas e mozos
de 12 a 18 anos poden participar en actividades xuvenís como: obradoiros,
cociña, música, dj`s, xogos …
De feito as primeiras actividades serán un Obradoiro de
Chapas e un Obradoiro de DJ.
Este programa ven a ser unha continuación do Planet Club,
servizo para a mocidade que se desenvolve durante o curso escolar en
Pontedeume.
O programa “Saída 21” consiste na colaboración dos concellos
de Cabanas e Pontedeume en materia de mocidade.
As actividades do Programa “Saída 21 de Verán” xurde por
iniciativa do Concello de Cabanas, que tamén a financia, co apoio da Deputación
da Coruña.
Esta é unha das múltiples actividades que dende DINAMO
levamos a cabo coa mocidade. Traballamos para moi diferentes concellos con
programas diferenciados e multidisciplinares: Oleiros, Cambre, Culleredo,
Narón, Pontedeume, Cabanas, Arteixo …
No hay comentarios:
Publicar un comentario