Os pasados meses de maio e xuño as nenas e nenos do Concello de Vilarmaior participaron nun Obradoiro de Inglés, desenvolvido por unha docente profesional.
Todos os sábados pola mañá, e os luns pola tarde un grupiño bastante numeroso de cativas/os aprenderon os rudimentos básicos do idioma de Shakespeare.
Cada nena e neno traballou dende o seu nivel, pois os de maior idade xa tiñan bastantes coñecementos.
A metodoloxía do obradoiro foi eminentemente lúdica, baseada en divertidos xogos e dinámicas. A actividade tamén serviu de apoio e reforzo escolar.
A actividade xurdiu por iniciativa do Concello de Vilarmaior e foi levada a cabo por DINAMO Xestión de Atividades Socioculturais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario