martes, 25 de septiembre de 2012

DINAMO xestionou os Campamentos Específicos para Persoas con Discapacidade

O pasado 20 de Setembro remataron os Campamentos Específicos para Persoas con Discapacidade que organizou a Dirección Xeral de Política Social da Xunta de Galicia e que levou a cabo DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais.

Os campamentos desenvolvéronse en quendas de 10 días, dende o pasado 1 de Agosto ata o 20 de Setembro, no Albergue Xuvenil de Gandarío. En cada quenda participaron un máximo de 30 persoas, contando co apoio e dinamización de 13 monitoras/es, unha directora/or e persoal sanitario.

As monitoras/es encargáronse, ademais do traballo de dinamización das actividades do campamento, dos coidados necesarios para cada participante.

Todos os anos os campamentos teñen unha temática, seguen un fío conductor. Desta volta todas as actividades foron ambientadas na obra de Antoine de Saint Exupéry, O Principiño. Cada xornada de traballo todo o que pasaba estaba vencellado directamente cunha pasaxe da obra literaria.

As actividades que se realizaron en cada unha das quendas foron moi variadas: Xogos, Obradoiros, Xincanas, Saídas, Excursións, Actividades Deportivas, Actividades Naúticas, Tardes de Praia, Veladas, ...


No hay comentarios:

Publicar un comentario