viernes, 30 de marzo de 2012

DINAMO imparte varios módulos do Curso "O Galego Campa"

A equipa educativa de DINAMO imparte esta fin de semana (30 e 31 de marzo) varios módulos do Curso "O Galego Campa". Este curso forma parte do Plan de Formación para as Monitoras/es organizado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.


Pero ademáis este curso inclúese nun programa de dinamización lingüistica denominada "O galego Campa" promovida pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.


Neste curso as monitoras e monitores descubrirán e coñecerán unha manchea de recursos e actividades que poderán levar a cabo nos campamentos e outras actividades, pero en galego. 


Froito da análise realizada nos múltiples campos de acción da equipa de DINAMO no eido do lecer e tempo libre comprobouse que nas cantigas, nos xogos, nos entretementos ... predomina o castelán. Isto é debido á falla de recursos deste tipo en lingua galega. Pois ben este tipo de cursos ven a cubrir esas necesidades.


O curso celebrarase nas instalacións do Albergue Xuvenil de Gandarío.


lunes, 26 de marzo de 2012

DINAMO organiza dúas Xornadas de Portas Abertas no Planet Club de Pontedume

Os vindeiros martes 27 e o venres 30 a equipa profesional de DINAMO organiza sendas xornadas de “portas abertas” do proxecto-espazo “Planet Club” no concello de Pontedeume.


“Planet Club” é un proxecto de intervención coa mocidade en materia de prevención de drogodependencias. 

Está promovido polo Concello de Pontedeume e xestionado por DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais SL.

O 27 e o 30 de marzo o centro organizará unha manchea de actividades para que as alumnas e alumnos do IES Fragas do Eume coñezan este servizo para a mocidade. As mozas e mozos deste centro achegaranse ó centro en pequenos grupos durante toda a mañá do martes e do venres.

Aínda que a maioría das mozas e mozos da vila eumesa xa participan no Planet Club esta actividade ten como obxectivo dar un novo pulo á participación, sobre todo entre os primeiros cursos do ensino secundario.

As xornadas están organizadas conxuntamente polo Concello de Pontedeume, o Concello de Cabanas, o IES Fragas do Eume e Dinamo Xestión de Actividades Socioculturais, dentro do Programa Saída 21.



lunes, 19 de marzo de 2012

DINAMO presenta a súa Proposta de Actividades para Períodos Vacacionais


Coa chegada dos períodos vacacionais, como por exemplo a Semana Santa, o verán … moitos concellos e outras entidades ofrecen ás súas veciñas e veciños recursos e actividades para que poidan conciliar a súa vida laboral, familiar e persoal.

Durante o curso escolar as nenas e nenos (e mozas e mozos) pasan moitas horas nos centros educativos e en outras actividades posibilitando que as nais e país poidan traballar, disponer de tempos persoais … pero coa chegada das vacacións esa rutina, esa combinación de horarios vense alteradas. Por iso moitas familias demandan actividades que sirvan para conciliar.

Dende DINAMO ofrecemos unha amplo catálogo de actividades e servizos, con propostas moi variadas: campamentos urbanos, ludotecas, mañáns lúdicas, tardes de xogos, obradoiros, excursións …

Se queredes recibir a Proposta de Actividades para Períodos Vacacionais podedes solicitala a través do correo electrónico dinamo@dinamoxestion.com ou chamando ó 981.902.772.

En breves datas informaremos das actividades que DINAMO levará a cabo en diferentes concellos nesta Semana Santa.

martes, 13 de marzo de 2012

DINAMO organiza sendos obradoiros no Programa Nocturnia


Esta mesma fin de semana comeza na cidade da Coruña unha nova edición do Programa de Lecer Alternativo para a Mocidade “Nocturnia”, que ofertará actividades a todas as mozas e mozos coruñeses dende marzo ata o vindeiro mes de xuño.

DINAMO encargarase de dous dos obradoiros dentro da múltiple e variada oferta. 

Concretamente serán os seguintes:
-          Obradoiro de Títeres de Gomaespuma: 14 de abril
-          Obradoiro de Reciclaxe de Cápsulas de Café:  9 de xuño

En canto se achegue a dara ofreceremos máis información sobre cada un dos obradoiros

Pero recomendámosvos que entredes na páxina web do programa Http://nocturniacoruna.blogspot.com

 

miércoles, 7 de marzo de 2012

DINAMO organiza un Obradoiro de Risoterapia en Vilasantar para celebrar o 8 de Marzo

O Concello de Vilasantar organiza mañá xoves un Obradoiro de Risoterapia para celebrar o 8 de Marzo, Día Internacional das Mulleres. 

Poderán participar todas as veciñas de Vilasantar, que incluso terán servizos de autobús.

O obradoiro será dinamizado por Pedro Brandariz.

Con esta actividade o Concello de Vilasantar quere ofrecer unha actividade liberadora, optimista e enriquecedora ás súas veciñas, para que a conmemoración deste día internacional se faga dende un punto de vista positivo.



miércoles, 29 de febrero de 2012

DINAMO imparte o Curso de Técnicas de Improvisación para Voluntarias/os en Animación Hospitalaria


O próximo venres, 2 de marzo, Pedro Brandariz, membro de DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais, imparte o Curso de “Técnicas de Improvisación para Voluntarias/os orientado á Animación Hospitalaria”.

Serán case cinco horas, onde as alumnas e alumnos aprenderán todo tipo de xogos e dinámicas para levar a cabo a Animación Hospitalaria, neste caso con menores de 0 a 3 anos. E sobre todo descubrirán as potencialidades da improvisación.

O curso está organizado pola Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade da Coruña, e aínda que está aberto á participación de calquera persoa, destinase principalmente ás persoas voluntarias do Proxecto de Animación Hospitalia do Hospital Materno-Infantil Teresa Herrera.

Desenvolverase na Facultade de Socioloxía da UdC, de 10:00 a 14:30.


viernes, 24 de febrero de 2012

DINAMO desenvolve o Programa "Comida e Saúde" nos IES de Oleiros



Dende o pasado mes de xaneiro as alumnas e alumnos de 1º e 2º da ESO dos centros de ensino secundario de Oleiros participan no Programa Educativo “Comida e Saúde”.

Trátase de actividades en torno a un dos piares básicos da Educación para a Saude: a alimentación, sobre todo nun sector de poboación tan importante como a mocidade.

O obxectivo primordial é o de promover hábitos de vida saudable a nivel físico e e emocional, sentando as bases do benestar nas necesidades reais por riba de presións sociais, mediáticas e de mercado.

Dinámicas de grupo, traballo en equipo, xogos, rollplay, estudo de casos, reflexións e debates, consulta de materiais … son algunhas das actividades que se levaron a cabo nas sesións de traballo coas mozas e mozos.

Este ano o programa dividese en dous bloques temáticos:

-       Vida saudable: para as alumnas e alumnos de 1ºESO.
-       Alimentación e Deporte: para as alumnas e alumnos de 2ºESO

“Comida e Saúde” é tan só un dos múltiples programas educativos que DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais SL  desenvolve no Concello de Oleiros dos que periódicamente damos conta neste blogue.