Mañá venres 21 de Febreiro a equipa profesional de DINAMO impartirá un Curso de Globoflexia na Facultade de Socioloxía da Universidade da Coruña.
O curso está destinado principalmente para voluntarias e voluntarios da UdC, de feito está organizado pola Oficina de Cooperación e Voluntariado da universidade.
Nas catro horas e media que dura o curso as e os participantes aprenderán as técnicas básicas de modelado con globos, as figuras máis demandadas polas cativas e cativos e os trucos para realizar moitas figuras en pouco tempo.
A globoflexia é unha das técnicas máis clásicas da animación e unha das materias máis demandadas dentro do plan de formación de Cursos Monográficos de DINAMO.
Mostrando entradas con la etiqueta universidade. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta universidade. Mostrar todas las entradas
jueves, 20 de febrero de 2014
DINAMO imparte un Curso de Globoflexia na Universidade da Coruña
miércoles, 29 de febrero de 2012
DINAMO imparte o Curso de Técnicas de Improvisación para Voluntarias/os en Animación Hospitalaria
O próximo venres, 2 de marzo, Pedro Brandariz, membro de
DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais, imparte o Curso de “Técnicas de
Improvisación para Voluntarias/os orientado á Animación Hospitalaria”.
Serán case cinco horas, onde as alumnas e alumnos aprenderán
todo tipo de xogos e dinámicas para levar a cabo a Animación Hospitalaria,
neste caso con menores de 0 a 3 anos. E sobre todo descubrirán as
potencialidades da improvisación.
O curso está organizado pola Oficina de Cooperación e
Voluntariado da Universidade da Coruña, e aínda que está aberto á participación
de calquera persoa, destinase principalmente ás persoas voluntarias do Proxecto
de Animación Hospitalia do Hospital Materno-Infantil Teresa Herrera.
Desenvolverase na Facultade de Socioloxía da UdC, de 10:00 a
14:30.
Etiquetas:
animación hospitalaria,
dinamo,
improvisación,
menores,
pedro brandariz,
socioloxía,
udc,
universidade,
universidade da coruña
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

