sábado, 13 de diciembre de 2014

DINAMO leva a cabo nos institutos da Coruña o Programa Educativo "Somos 2. Eu tamén conto"

A equipa profesional de DINAMO desenvolve en boa parte dos institutos do municipio da Coruña o Programa Educativo en Igualdade de Xénero "Somos 2. Eu tamén conto",  con mozas e mozos de 3º e 4º da ESO. 

O programa consiste na realización de dúas sesións de traballo arredor das relacións de noivado xuvenil e sobre a desmitificación do "amor romántico". A partir de xogos, dinámicas e exercicios de traballo en común as mozas e mozos participantes fanse conscientes dos perigos que conlevan as desigualdades de xénero.

O programa "Somos 2. Eu tamén conto" é iniciativa do Centro de Información ás Mulleres do Concello da Coruña, e xestionado e levado a cabo por Dinamo Xestión de Actividades Socioculturais SL.

A equipa de Dinamo é especialista no desenvolvemento deste tipo de programas en igualdade de xénero, hábitos saudables, alimentación, prevención de drogodependencias...






jueves, 4 de diciembre de 2014

DINAMO realiza Obradoiros de Alimentación Saudable nos IES de Oleiros

No pasado mes de novembro as alumnas e alumnos de 1º e 2º da ESO do IES Neira Vilas participaron no Programa Educativo “Comida e Saúde”, organizado polo Concello de Oleiros e xestionado e desenvovido pola equipa profesional de Dinamo.

Trátase de actividades en torno a un dos piares básicos da Educación para a Saude: a alimentación, sobre todo nun sector de poboación tan importante como a mocidade.

O obxectivo primordial é o de promover hábitos de vida saudable a nivel físico e e emocional, sentando as bases do benestar nas necesidades reais por riba de presións sociais, mediáticas e de mercado.

Dinámicas de grupo, traballo en equipo, xogos, rollplai, estudo de casos, reflexións e debates, consulta de materiais … son algunhas das actividades que se levaron a cabo nas sesións de traballo coas mozas e mozos.

Este ano o programa dividese en dous bloques temáticos:

-       Vida saudable: para as alumnas e alumnos de 1ºESO.
-       Alimentación e Deporte: para as alumnas e alumnos de 2ºESO

“Comida e Saúde” é tan só un dos múltiples programas educativos que DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais SL  desenvolve no Concello de Oleiros dos que periódicamente damos conta neste blogue.


martes, 2 de diciembre de 2014

Os Médicos Comédicos de DINAMOteatro estiveron por Ponteceso

O pasado 8 de novembro a compañía DINAMOteatro levou o seu espectáculo "Os Médicos Comédicos" á feira de Ponteceso como parte do Ciclo de Teatro do Concello de Ponteceso, e co obxectivo primordial de promocionar as diferentes actuacións e montaxes que se representaron os sábados á noite no local do Couto.

A través da animación itinerante os actores e actrices provocaron as gargalladas do público e ademáis acadouse un alto grado de difusión do Ciclo de Teatro, da maneira máis efectiva e impactante, a pé de rúa. 

En DINAMO somos especialistas en animacións teatrais, levando personaxes cómicas á rúa, para que interacciones directamente coas veciñas e veciños.

Se queres recibir a nosa Proposta de Animacións Teatrais e Espectáculos chama ó 619.345.100 ou escribe a dinamo@dinamoxestion.com


domingo, 30 de noviembre de 2014

DINAMO realizou un extenso programa de actividades arredor do 25N

Nas pasadas datas a equipa profesional de DINAMO levou a cabo moi diferentes actividades con motivo do 25 de Novembro, Día Internacional da Violencia de Xénero.

Algunhas destas actividades foron as seguintes:

- "Somos 2". Programa Educativo en Igualdade e Prevención da Violencia de Xénero. Nos Institutos de Ensino Secundario da Coruña. Organizado polo Concello da Coruña.

- "Contos e outras andrómenas". Contacontos sobre a Igualdade no CEIP Gándara de Sofán. Organizado polo Concello de Carballo.

- Xornada de Convivencia para Mulleres e Familias no Pazo de Mariñán, organizado polos Concellos de Arteixo e da Laracha, en colaboración coa Deputación da Coruña.

- Pasiño a pasiño cara a igualdade: roteiros pola igualdade. Organizado polo Concello da Coruña.

- Contamos X =". Contacontos sobre a Igualdade nas Asociacións de Veciñas/os de Ferrol. Organizado polo Concello de Ferrol.

- "Pintamos o mesmo". Obradoiros de Grafife para Mocidade sobre a Igualdade. Organizado polo Concello de Ferrol. 



-

miércoles, 26 de noviembre de 2014

DINAMO presenta una ampla Proposta de Actividades para o Nadal

Como todos os anos dende DINAMO facemos unha forte aposta pola dinamización do Nadal dunha maneira creativa e participativa, a través de moi diferentes e novidosas actividades, propostas e iniciativas.

Ofrecemos unha manchea de actividades lúdicas arredor das festas do Nadal e para todos os públicos, dende as máis cativas e cativos ata a nosa xente maior, pasando pola xuventude, as persoas adultas...

As propostas van dende contacontos temáticos ata obradoiros de Nadal, pasando por animacións teatrais de rúa, cociña de Nadal, festas infantís, visitas de Papa Noel, do Apalpador, dos Reis Magos, dos carteiros reais...

Asemade en Dinamo sempre traballamos con criterios didácticos, polo que tamén sensibilizamos nos valores solidarios e de consumo responsable.

Se queres recibir a nosa Proposta de Actividades só tes que solicitala no 619.345.100 ou en dinamo@dinamoxestion.com


domingo, 16 de noviembre de 2014

DINAMO organizou un extenso Programa de Festas de Samaín en diferentes entidades

Nas pasadas semanas a equipa educativa de DINAMO realizou unha manchea de actividades de Samaín, para recuperar a ancestral tradición.

As actividades foron as seguintes:

- Festa Infantil de Samaín no Centro Cívico de Novo Mesoiro.(A Coruña). Día 31 de Outubro.

- Túnel do Terror. Centro de Lecer Xuvenil Portaberta. Oleiros, Día 31 de Outubro.

- Festa Infantil de Samaín no Centro Cívico de Feáns (A Coruña). Día 8 de Outubro.

- Obradoiros Infantís de Samaín. Centro Social de Almeiras. Culleredo. Día 8 de Outubro.

- Obradoiros Infantís de Samaín. Pavillón Deportivo de Novo Mesoiro (A Coruña). Día 9 de Outubro.


sábado, 15 de noviembre de 2014

DINAMO realiza actividades de Coeducación en Ferrol

En colaboración coa empresa Atalalia Social a equipa de DINAMO está a desenvolver actividades coeducativas, en promoción da igualdade de xénero con moi diferentes colectivos, dende a infancia ata a vellez, pasando pola mocidade.

O programa consta de varias actividades: 

- Contos Vellos, Novos Finais: sesións de contacontos para nenas e nenos nas diferentes Asociacións Veciñais.

- Pintamos o mesmo: obradoiros de grafitepola igualdade para a mocidade

- Roteiros en Femenino, dando a coñecer grandes mulleres ferrolás