lunes, 23 de mayo de 2016

"Os Contos da Espiña de Toxo" contou con 19 representacións neste mes de Maio

No mes de maio, o mes das Letras Galegas, adicadas este ano ó gran poeta da Terra Chá "Manuel María", a compañía DINAMOteatro produciou un espectáculo de narración oral baseado na recoñecida obra do autor "Aventuras e Desventuras dunha Espiña de Toxo chamada Berenguela". Trátase dun espectáculo onde se mestura a narración oral co teatro de títeres e monicreques, ofrecendo así ó público infantil e familiar unha proposta narrativa e visual ó mesmo tempo.

O encargado de interpretara peza teatral foi o recoñecido actor e cómico Pedro Brandariz, pero nalgún dos espazos a proposta foi interpretada a dúas voces, coa axuda da actriz Leticia Miranda.

O espectáculo tivo moito éxito e representouse en gran variedade de espazos, ata en 19 ocasións:

Sábado 30 de Abril. En Brexo e Santa María de Vigo (Cambre)
Domingo 8 de Maio. Na Barcala e O Temple (Cambre)
Xoves 12 de Maio. Na Biblioteca de As Pontes.
Venres 13 de Maio. No Auditorio de Servizos Múltiples. Culleredo.
Sábado 14 de Maio. En Cambre e San Lourenzo (Cambre)
Domingo 15 de Maio. No Castelo de Moeche.
Luns 16 de Maio. No Festiletras. Ponteceso.
Martes 17 de Maio. En Anceis e Andeiro (Cambre)
Xoves 19 de Maio. Na Casa da Cultura do Barqueiro (Mañón)
Venres 20 de Maio. CEIP. Eladia Mariño. Cabanas.
Sábado 21 de Maio. En Sigrás e Cecebre (Cambre)
Sábado 28 de Maio. En Pravio e Bribes (Cambre)
Domingo 29 de Maio. En Cela (Cambre)

A idea da compañía é a de que o espectáculo siga vivo e poida representarse durante todo este ano adicado a Manuel María, e incluso máis adiante, para axudar a lembrar unha figura de tal magnitude.




miércoles, 4 de mayo de 2016

DINAMO leva a Cambre o programa Contos na Lareira

Durante todo o mes de maio desenvolverase no Concello de Cambre o programa "Contos na Lareira" no que se percorren ata trece localizacións diferentes, tanto urbanas como rurais do concello cun programa de actividades centrado nos contos e nos xogos populares.

As actividades teñen unha duración dunha hora. Na primeira parte Pedro Brandariz ou Leticia Miranda interpretan unha serie de contos e na segunda parte as cativas/os e as non tan cativas/os poden participar nos diferentes módulos de xogos populares, que van cambiando día a día, para aumentar desta maneira a participación.

A narración oral céntrase nunha obra de Manuel María, autor homenaxeado este ano 2016 co Día das Letras Galegas. O texto escollido é o de "Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela".

Ademáis dos contos e dos xogos populares tamén hai que salientar a instalación ou recreación que se fai dunha lareira tradicional, co lume, co pote, cos tallos...

Esta iniciativa parte da Concellería de Cultura de Cambre que pretende descentralizar as diferentes actividades culturais. 


martes, 29 de marzo de 2016

DINAMOteatro estreou o seu novo espectáculo "O Poder das Árbores" en Culleredo

Con motivo da celebración do Día Internacional das Árbores o pasado 21 de marzo, a compañía escénica DINAMOteatro presentou o seu novo espectáculo "O Poder das Árbores" no Concello de Culleredo, por iniciativa da Concellería de Medio Ambiente, dentro do seu programa de actividades.

"O Poder das Árbores" é un espectáculo de temática ambiental, que anima ás nenas e nenos, dunha maneira lúdica e divertida, a coidar das árbores, dos bosques e da natureza en xeral.

A peza, dirixida a público familiar, está protagonizada por Leticia Miranda e Pedro Brandariz

A intención da compañía é levar as historias do "Carballo Raimundo" (personaxe central) por todos os colexios e teatros posibles, espallando unha mensaxe de respecto cara o medio ambiente.

Para máis información e contratación podedes chamar ó 619.345.100 ou escribir a dinamo@dinamoxestion.com

lunes, 28 de marzo de 2016

DINAMO levou a Cee os "Monólogos pola Igualdade"

O pasado 4 de marzo, o cómico Pedro Brandariz actuou na Casa da Cultura de Cee para máis de 300 mozas e mozos (en dous pases) cos seus "Monólogos pola Igualdade".

O programa foi iniciativa do CIM de Cee para conmemorar o 8 de Marzo, o Día Internacional das Mulleres, e enmárcase nun extenso programa de actos e actividades.

Dende DINAMO ofrecemos diferentes espectáculos para traballar no eido da igualdade, así como todo tipo de actividades de sensibilización.


DINAMO levou o seu espectáculo "Contamos por Igual" ós colexios de Carballo

No pasado mes de marzo o Concello de Carballo, a través do CIM (Centro de Información ás Mulleres) organizou un programa de actuacións nos centros de ensino primario,con motivo do 8 de Marzo, Día Internacional das Mulleres.

O espectáculo "Contamos por Igual", una montaxe de narración oral interpretado por Pedro Brandariz, foi representado en oito ocasións en 6 centros de ensino de Carballo, para alumnas e alumnos de 5 e 6º Curso de Educación Primaria.

Consideramos esta idade como idónea para eliminar estereotipos de xénero e actitudes sexistas e fomentar comportamentos máis igualitarios.

Esta é unha das moitas actividades que dende DINAMO organizamos para educar en igualdade.



domingo, 13 de marzo de 2016

DINAMO levou a cabo a Campaña "A-Ténde-T" do Concello da Coruña

Do 8 ó 12 de Marzo de 2016 no Mercado de San Agustín levouse a cabo a Campaña de Sensibilización en Igualdade "A-ténde-T", organizada polo Concello da Coruña e xestionada e executada pola equipa profesional de DINAMO.

A campaña consistiu na instalación dun gran tendal onde as mulleres poideran exponer as súas necesidades, anhelos e expectativas de cambio.

Dúas educadoras puxeron á súa disposición "prendas de roupa" simuladas en goma-eva para que se tomasen o seu tempo e escribisen sobre elas as súas demandas e peticións e quedaran, posteriormente, "colgadas" e expostas nos tendais.

A pretensión fundamental foi a de ofrecerlles ás mulleres un espazo de relax e reflexión (creado incluso físicamente) para que tiveran un tempo para elas, fora de obrigas laboráis, familiares, domésticas ou do tipo que fosen. E que nese tempo expresaran que cousas deixaron de facer ou de vivir por toda esa carga de obrigas que depositamos nas mulleres.

A actividade desenvolveuse polas mañás e o sábado rematou cun obradoiro para cativas e cativos.

Esa actividade está enmarcada no amplio e extenso programa de actividades que a Concellaría de Igualdade e Diversidade levou a cabo para conmemorar o 8 de Marzo, Día Internacional das Mulleres, na cidade da Coruña.



DINAMO organizou un Obradoiro de Ligue (Hab. Sociais) en Viana do Bolo

O pasado luns 7 de marzo a equipa educativa de DINAMO realizou en coordinación co CIM de Viana do Bolo un Obradoiro de Ligue no IES Carlos Casares, do citado concello.

O obradoiro de ligue consiste na realización de dinámicas para traballar ass diferentes habilidades sociais e de comunicación, dende una perspectiva de xénero, para evitar relacións de noivado non saudables ou non respectuosa.

Neste obradoiros trabállase a empatía, a asertividade, a escoita activa, a autoestima, o dereito a dicir non e una manchea de habilidades que fomentan a igualdade de xénero e prevén conductas de violencia machista.

Esta foi una das actividades que dende o Centro de Información ás Mulleres de Viana se realizou para conmemorar o 8 de Marzo, Día Internacional das Mulleres.