viernes, 6 de marzo de 2015

Xincana pola Igualdade na Estrada dinamizada pola equipa de DINAMO

O vindeiro domiingo 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres a equipa de DINAMO estaremos no Concello da Estrada para desenvolver unha Xincana pola Igualdade. 

Trátase de que as cativas e cativos pasen unha mañá divertida (de 11:30 a 13:30) superando probas de corresponsabilidade no fogar para que se vaian concienciando na necesidade de repartir as tarefas domésticas para que todas as persoas poidan acadar un desenvolvemento persoal, social, laboral e familiar óptimos. 

Serán probas moi divertidas que permitirán a pequenas/os e a maiores reflexionar sobre a súa aportación á igualdade de xénero.

A cita será na Praza da Constitución da vila estradense e conta co finanzamento e promoción do Centro de Información as Mulleres da Estrada. 

Dende DINAMO levamos moitos anos desenvolvendo accións deste tipo, de sensibilización en temas de igualdade. Se queres recibir a nosa proposta non tes máis que chamar ó 619.345.100 ou escribir a dinamo@dinamoxestion.com


jueves, 5 de marzo de 2015

DINAMO animará o Photocall pola Igualdade de Pontedeume

O vindeiro domingo 8 de Marzo, Día Internacional das Mulleres a equipa profesional estará, entre outras localidades, en Pontedeume, animando ás veciñas e veciños a que participen no gran Photocall pola Igualdade. 

Realizarase a actividade de creación de mensaxes en positivo pola igualdade para posar con eles no photocall.

Dende DINAMO realizamos a cabo multitude de actividades de sensibilización en igualdade de xénero en multitude de concellos.



martes, 3 de marzo de 2015

DINAMO organiza as Actividades Lúdicas arredor de Picasso no Museo de Belas Artes e na Casa Museo Picasso

Dende o pasado 28 de febreiro e ata o vindeiro 23 de maio a equipa educativa de DINAMO realiza un interesante programa para que as cativas e cativos coñezan a obra de Picasso, e sobre todo a importancia da súa estadía na Coruña. 

Trátase de diferentes actividades realizadas os sábado pola mañá no Museo de Belas Artes da Coruña, máis concretamente na exposición "O Primeiro Picasso", para logo continuar na Casa Museo de Picasso.

Visitas guiadas, contacontos, merendas, xogos, e obradoiros que se fan tanto nos dous lugares expositivos dos que falamos así como na propia rúa, nas calellas e prazas onde xogaba o neno Picasso.

A equipa profesional de DINAMO leva dende hai tempo as visitas guiadas e actividades de divulgación das Casas Museo da Coruña, entre elas as actividades con cativas e cativos e agora damos este gran salto de cualidade ao participar dunha exposición histórica para a cidade da Coruña.


miércoles, 25 de febrero de 2015

DINAMO xestiona o Espazo Xuvenil "Planet Club" en Pontedeume

Dende o pasado sábado 21 de Febreiro a equipa profesional de DINAMO xestionamos o Programa de Prevención de Drogodependencias coa Mocidade "Planet Club". Todos os sábados a mocidade eumesa poderá participar nunha manchea de actividades, en horario de 18 a 22 horas, na Casa da Xuventude de Pontedeume. Festas saudables, obradoiros, grandes xogos, xincanas, proxeccións, charlas... serán algunhas das actividades desenvolvidas. 

DINAMO leva máis de sete anos xestionando o programa e o espazo Planet Club, que xurde da iniciativa dos concellos de Pontedeume e Cabanas e está financiado pola Consellería de Sanidade.

Dende DINAMO xestionamos diferentes espazos e programas xuvenís, ademáis de contar cunha ampla proposta de actividades para realizar en concellos, centros educativos e outras entidades. 


lunes, 23 de febrero de 2015

DINAMO organizou unha Xornada de Formación Teatral en Antas de Ulla

O pasado 8 de Febreiro un bó grupo de nenas e nenos de Antas de Ulla e Melide conviviron durante unha xornada realizando un obradoiro formativo en artes escénicas, concretamente na animación teatral e na improvisación.

Durante todo o día participaron nos obradoiros formativos, para finalmente amosar o traballado nunha mostra aberta para nais e pais. 

Antas de Ulla é un dos concellos que máis coida o teatro dende a máis tenra infancia con multitude de actividades e iniciativas.

Por outra banda as actividades de animación teatral son unha das especialidades da equipa profesional de DINAMO.



domingo, 22 de febrero de 2015

DINAMO desenvolveu Obradoiros de Títeres de Entroido nas Bibliotecas de Oleiros

Nas pasadas semanas, xusto antes do tempo de Entroido a equipa profesional de DINAMO levou a cabo oito obradoiros de creación de títeres de Entroido nas bibliotecas de Oleiros.

Trátase dunha actividade que xa se realizou en anos anteriores. Neste 2015 as nenas e nenos confeccionaron monicreques das diferentes figuras tradicionais de Entroido: peliqueiros, cigarróns, pantallas, felos...

As citas foron as seguintes:

Luns 9 de Febreiro. Biblioteca de Dorneda.
Luns 9 de Febreiro. Biblioteca de Oleiros.
Martes 10 de Febreiro. Biblioteca de Montrove.
Mércores 11 de Febreiro. Biblioteca de Santa Cruz.
Xoves 12 de Febreiro. Biblioteca Rialeda. Perillo.
Xoves 12 de Febreiro. Biblioteca de Lorbé.
Venres 13 de Febreiro. Biblioteca de Mera.
Venres 13 de Febreiro. Biblioteca de Nós.


sábado, 21 de febrero de 2015

O Entroido "máis monstroso" de DINAMO

Rematou o tempo de Entroido, e a equipa de DINAMO traballamos moi duro para levar a ilusión "entroideira" chegara a un lote de vilas galegas. 

Desta volta as monitoras e monitores levaron a cabo unhas actividades "monstrosas" en todas estas festas e actividades.
  • Obradoiros de Títeres en Entroido nas Bibliotecas de Oleiros (8 obradoiros).
  • Festa Infantil de Entroido no CEIP As Mercedes (Lugo).
  • Festa Infantil de Entroido no CEIP Isidro Parga Pondal (Oleiros).
  • Festa Infantil de Entroido no Centro Cívico de Novo Mesoiro.
  • Festa Infantil de Entroido no Centro Cívico de San Pedro de Visma.
  • Festa Infantil de Entroido no Centro Cívico de Os Rosales.
  • Festa Infantil de Entroido no Centro Cívico de Palavea.
  • Festa Infantil de Entroido na Sociedade Recreativa da Gaiteira (A Coruña).
  • Festa Infantil de Entroido no Temple (Cambre).
  • Festa Infantil de Entroido en Cambre.
  • Festa Infantil de Entroido en A Cañiza.
  • Festa Infantil de Entroido en Camariñas.
  • Festa Infantil de Entroido en Cangas do Morrazo.
  • Festa Infantil de Entroido en Baamonde (Begonte).
  • Festa Infantil de Entroido en A Barrela (Carballedo).
  • Festa Infantil de Entroido en Corme (Ponteceso)
  • Festa Infantil de Entroido en Bóveda
  • Presentación do Entroido Pequeno de Cambre
  • Obradoiro de Cociña Entroideira na Cañiza,