Dende o pasado 28 de febreiro e ata o vindeiro 23 de maio a equipa educativa de DINAMO realiza un interesante programa para que as cativas e cativos coñezan a obra de Picasso, e sobre todo a importancia da súa estadía na Coruña.
Trátase de diferentes actividades realizadas os sábado pola mañá no Museo de Belas Artes da Coruña, máis concretamente na exposición "O Primeiro Picasso", para logo continuar na Casa Museo de Picasso.
Visitas guiadas, contacontos, merendas, xogos, e obradoiros que se fan tanto nos dous lugares expositivos dos que falamos así como na propia rúa, nas calellas e prazas onde xogaba o neno Picasso.
A equipa profesional de DINAMO leva dende hai tempo as visitas guiadas e actividades de divulgación das Casas Museo da Coruña, entre elas as actividades con cativas e cativos e agora damos este gran salto de cualidade ao participar dunha exposición histórica para a cidade da Coruña.
No hay comentarios:
Publicar un comentario