domingo, 2 de abril de 2017

DINAMO organizou Xincanas Pola Igualdade en Muros e Carnota

O pasado 8 de Marzo, a equipa profesional de DINAMO organizou varias xincanas pola igualdade en varios centro educativos dos concellos de Muros e Carnota, con motivo da celebración do Día Internacional das Mulleres.

As xincanas están conformadas por probas e preguntas en torno á igualdade de xénero, a corresponsabilidade no fogar, a equidade de oportunidades no eido laboral e na prevención das discriminacións principalmente sociais.

Dunha maneira lúdica e divertida as nenas e nenos aprenderán que para cadar a igualdade real e efectiva de dereitos, obrigas, oportunidades e trato debémonos implicar todas e todos, nenas e nenos, mulleres e homes...

As Xincanas pola Igualdade son unha das actividades estrela de DINAMO para traballar na igualdade dunha maneira lúdica, divertida e transversal.






domingo, 26 de marzo de 2017

DINAMO amenizou a Festa de Entroido de Begonte

O pasado 4 de Marzo, a equipa profesional de DINAMO organizou e dinamizou a Festa de Entroido de Begonte cunha manchea de actividades para as máis cativas e cativos: hinchables, tábo de surf hinchable, animación musical, obradoiros, concurso de disfraces, desfile...




sábado, 25 de marzo de 2017

DINAMO organizou a Festa de Entroido Infantil de Coristanco

O pasado venres 3 de marzo a equipa profesional de DINAMO organizou e dinamizou a Festa de Entroido Infantil de Coristanco, con animación musical, presentación do desfile, bailes, coreografías, xogos, obradoiros de maquillaxe e globoflexia...



sábado, 18 de marzo de 2017

DINAMO organizou unha Festa de Entroido Infantil en Moeche

O pasado martes 28 de febrero a equipa profesional de DINAMO organizou unha Festa de Entroido para as máis cativas/os, con hinchables, xogos populares, animación musical, bailes, coreografías, obradoiros de globoflexia e maquillaxe infantil.

A instalación de máis de 30 xogos tradicionais fixo que a festa de Entroido fose todo un éxito e sobre todo diferente.

Dende DINAMO organizamos todo tipo de festas e outras actividades lúdicas e culturais para festexar o Entroido así como xornadas de xogos populares e tradicionais.



DINAMO organizou unha Festa de Entroido en A Laracha

O pasado luns 27 de Febreiro a equipa de DINAMO organizou e xestionou unha Festa de Entroido Infantil na Biblioteca de A Laracha, con xogos, animación musical e obradoiros de globoflexia e maquillaxe de fantasía.

A temática da festa foi a "cultura castrexa" e todas as actividades foron adaptadas baixo o tema castrexo.

DINAMO realiza todo tipo de actividades lúdicas e culturais para celebrar o Entroido.



jueves, 9 de marzo de 2017

DINAMO organizou unha Festa de Entroido en Viana do Bolo

O pasado luns 27 de febrero a equipa profesional de DINAMO organizou e dinamizou una Festa de Entroido en Viana do Bolo, con animación musical (bailes e coreografías), grandes xogos, obradoiros de maquillaxe, globoflexia...

Foi una festa realizada na praza da vila e gozou dunha participación altísima de nenas/os e maiores.




miércoles, 8 de marzo de 2017

DINAMO organizou varias actividades de Entroido en Rianxo

Nos pasados días de Entroido a equipa profesional de DINAMO levou a cabo varias actividades lúdicas na vila de Rianxo.

O sábado 25 foi o turno do Obradoiro de Cociña Entroideira para cativas e cativos, o domingo 26 as monitoras e monitores dinamizaron una gran festa de Entroido con bailes, coreografías, xogos, obradoiros... E o martes de Entroido, 28 de febrero realizouse una actividades de Xogos Entroideiros.

Todas as actividades estiveron encamiñadas a recuperar o Entroido tradicional e formaron parte dun extenso programa organizado polo Concello de Rianxo.