DINAMO organizou unha Festa de Entroido en A Laracha
O pasado luns 27 de Febreiro a equipa de DINAMO organizou e xestionou unha Festa de Entroido Infantil na Biblioteca de A Laracha, con xogos, animación musical e obradoiros de globoflexia e maquillaxe de fantasía.
A temática da festa foi a "cultura castrexa" e todas as actividades foron adaptadas baixo o tema castrexo.
DINAMO realiza todo tipo de actividades lúdicas e culturais para celebrar o Entroido.
No hay comentarios:
Publicar un comentario