As veciñas e vecinos de Arteixo gozaron dunha tarde magnífica de música e xogos de toda a vida: a rá, ó sapo, o metediscos, o tiralatas, os zancos, as torres de madeira, o pescapeixes, o pescabotellas...
A foliada estivo amenizada polo grupo "Foliada do Bosque" de Carballo. E para que a festa fose completa houbos postos de flocos de millo e algodón de azúcar.
A actividade estaba enmarcada dentro do extenso programa de actividades do Concello de Arteixo para o Entroido 2017.
Dende DINAMO organizamos este tipo de actividades de difusión e transmisión da cultura galega, como foliadas, xogos populares...
No hay comentarios:
Publicar un comentario