martes, 29 de marzo de 2016

DINAMOteatro estreou o seu novo espectáculo "O Poder das Árbores" en Culleredo

Con motivo da celebración do Día Internacional das Árbores o pasado 21 de marzo, a compañía escénica DINAMOteatro presentou o seu novo espectáculo "O Poder das Árbores" no Concello de Culleredo, por iniciativa da Concellería de Medio Ambiente, dentro do seu programa de actividades.

"O Poder das Árbores" é un espectáculo de temática ambiental, que anima ás nenas e nenos, dunha maneira lúdica e divertida, a coidar das árbores, dos bosques e da natureza en xeral.

A peza, dirixida a público familiar, está protagonizada por Leticia Miranda e Pedro Brandariz

A intención da compañía é levar as historias do "Carballo Raimundo" (personaxe central) por todos os colexios e teatros posibles, espallando unha mensaxe de respecto cara o medio ambiente.

Para máis información e contratación podedes chamar ó 619.345.100 ou escribir a dinamo@dinamoxestion.com

lunes, 28 de marzo de 2016

DINAMO levou a Cee os "Monólogos pola Igualdade"

O pasado 4 de marzo, o cómico Pedro Brandariz actuou na Casa da Cultura de Cee para máis de 300 mozas e mozos (en dous pases) cos seus "Monólogos pola Igualdade".

O programa foi iniciativa do CIM de Cee para conmemorar o 8 de Marzo, o Día Internacional das Mulleres, e enmárcase nun extenso programa de actos e actividades.

Dende DINAMO ofrecemos diferentes espectáculos para traballar no eido da igualdade, así como todo tipo de actividades de sensibilización.


DINAMO levou o seu espectáculo "Contamos por Igual" ós colexios de Carballo

No pasado mes de marzo o Concello de Carballo, a través do CIM (Centro de Información ás Mulleres) organizou un programa de actuacións nos centros de ensino primario,con motivo do 8 de Marzo, Día Internacional das Mulleres.

O espectáculo "Contamos por Igual", una montaxe de narración oral interpretado por Pedro Brandariz, foi representado en oito ocasións en 6 centros de ensino de Carballo, para alumnas e alumnos de 5 e 6º Curso de Educación Primaria.

Consideramos esta idade como idónea para eliminar estereotipos de xénero e actitudes sexistas e fomentar comportamentos máis igualitarios.

Esta é unha das moitas actividades que dende DINAMO organizamos para educar en igualdade.



domingo, 13 de marzo de 2016

DINAMO levou a cabo a Campaña "A-Ténde-T" do Concello da Coruña

Do 8 ó 12 de Marzo de 2016 no Mercado de San Agustín levouse a cabo a Campaña de Sensibilización en Igualdade "A-ténde-T", organizada polo Concello da Coruña e xestionada e executada pola equipa profesional de DINAMO.

A campaña consistiu na instalación dun gran tendal onde as mulleres poideran exponer as súas necesidades, anhelos e expectativas de cambio.

Dúas educadoras puxeron á súa disposición "prendas de roupa" simuladas en goma-eva para que se tomasen o seu tempo e escribisen sobre elas as súas demandas e peticións e quedaran, posteriormente, "colgadas" e expostas nos tendais.

A pretensión fundamental foi a de ofrecerlles ás mulleres un espazo de relax e reflexión (creado incluso físicamente) para que tiveran un tempo para elas, fora de obrigas laboráis, familiares, domésticas ou do tipo que fosen. E que nese tempo expresaran que cousas deixaron de facer ou de vivir por toda esa carga de obrigas que depositamos nas mulleres.

A actividade desenvolveuse polas mañás e o sábado rematou cun obradoiro para cativas e cativos.

Esa actividade está enmarcada no amplio e extenso programa de actividades que a Concellaría de Igualdade e Diversidade levou a cabo para conmemorar o 8 de Marzo, Día Internacional das Mulleres, na cidade da Coruña.



DINAMO organizou un Obradoiro de Ligue (Hab. Sociais) en Viana do Bolo

O pasado luns 7 de marzo a equipa educativa de DINAMO realizou en coordinación co CIM de Viana do Bolo un Obradoiro de Ligue no IES Carlos Casares, do citado concello.

O obradoiro de ligue consiste na realización de dinámicas para traballar ass diferentes habilidades sociais e de comunicación, dende una perspectiva de xénero, para evitar relacións de noivado non saudables ou non respectuosa.

Neste obradoiros trabállase a empatía, a asertividade, a escoita activa, a autoestima, o dereito a dicir non e una manchea de habilidades que fomentan a igualdade de xénero e prevén conductas de violencia machista.

Esta foi una das actividades que dende o Centro de Información ás Mulleres de Viana se realizou para conmemorar o 8 de Marzo, Día Internacional das Mulleres.

miércoles, 17 de febrero de 2016

DINAMO organizou unha Festa Infantil de Entroido na Rúa (Valdeorras)

O pasado domingo 7 de Febreiro a equipa profesional de DINAMO organizou unha Festa Infantil de Entroido na Casa da Cultura do Concello da Rúa.

Nesta festa realizáronse actividades de animación musical, xogos, bailes, coreografías... así como obradoiros de maquillaxe, globoflexia... desfile de disfraces e outras moitas actividades lúdicas.

Está foi una das múltiples actividades que dende DINAMO organizamos neste Entroido 2016.

DINAMO organizou Actividades de Entroido en Fene

Neste pasado Entroido a equipa profesional de DINAMO organizou diferentes Actividades de Entroido no Concello de Fene.

O luns 8 a actividade foi un Obradoiro de Larpeiradas de Entroido, no que as cativas e cativos poideron elaborar filloas, orellas, rosquillas... coas súas propias mans.

E o martes 9 o turno foi para a Festa Infantil de Entroido na carpa municipal, onde se realizaron bailes, xogos, obradoiros de maquillaxe e globoflexia, desfile de disfraces...

Esta son só algunas das actividades que dende DINAMO realizamos neste tempo de Entroido.