domingo, 3 de febrero de 2019

DINAMO organizou unha Festa de Nadal en Camariñas

O pasado 22 de decembro, a equipa profesional de DINAMO organizou unha Festa Infantil de Nadal en Camariñas, con animación musical, bailes, coreografías, xogos dirixidos, xogos populares, globoflexia, maquillaxe... e ademáis tamén organizaron a chegada de Papá Noel e a súa recollida de cartas. 

Unha tarde de animación moi divertida para as máis cativas/os que serviu para abrir a programación de Nadal do Concello de Camariñas. 

Dende DINAMO levamos a cabo todo tipo de actividades de animación, lúdicas, infantís… Se queres recibir o noso catálogo de prezos e servizos podes escribir a dinamo@dinamoxestion.com


DINAMO organizou unha Festa Infantil de Nadal en Ortigueira

O pasado 24 de decembro, a equipa profesional de DINAMO organizou unha Festa Infantil de Nadal en Ortigueira, con animación musical, bailes, coreografías, xogos dirixidos, globoflexia... e ademáis tamén dinamizaron a chegada de Papá Noel e a súa recollida de cartas. 

Unha tarde de animación moi divertida para as máis cativas/os que serviría, ben seguramente, de preludio do que esa noite e a mañá seguinte, vivirían, un tempo totalmente máxico.

Dende DINAMO levamos a cabo todo tipo de actividades de animación, lúdicas, infantís…






DINAMO organizou unha Festa de Nadal Infantil no Sporting Cambre

O pasado 21 de decembro a equipa de DINAMO organizou una festa de animación infantil na sede social do Sporting Cambre, con bailes e coreografías, xogos dirixidos, maquillaxe, globoflexia... e coa sorpresa final de Papá Noel.

Dende DINAMO estamos especializados en este tipo de actividades de animación. Se queres recibir o noso catálogo de servizos e prezos podes escribir a dinamo@dinamoxestion.com


O Apalpador percorreu terras da Coruña, Carballedo, Culleredo, Barbadás e moitos sitios máis da man de DINAMO

Neste pasado mes de decembro "Os Contos do Apalpador" un espectáculo de Pedro Brandariz creado en colaboración con DINAMOproducións pasou por diferentes localizacións de toda Galicia, achegando as historias do "carboeiro do Courel" a un bó feixe de nenas e nenos.

Ademais das xiras que fixo por Narón e Cambre, das que xa demos boa conta, tamén estivo nos seguintes lugares:

21 de Decembro: Casa da Cultura de Barbadás.
23 de Decembro: Asociación de Veciñas/os de Orro (Culleredo)
23 de Decembro: Concello de Carballedo
24 de Decembro: Librería A Carapuchiña Feroz (A Coruña).

E o ano que ven visitará moitos máis cativiños e cativiñas.



O Apalpador pasou por Cambre da man de DINAMO

Neste pasado mes de decembro "Os Contos do Apalpador" un espectáculo de Pedro Brandariz, creado en colaboración con DINAMOproducións, pasou por diferentes localizacións do Concello de Cambre, achegando as historias do "carboeiro do Courel" a un bo feixe de nenas e nenos.

As datas foron as seguintes:

Xoves 27 de Decembro: Cela / San Lourenzo / Anceis / Quintán.
Venres 28 de Decembro: Santa María de Vigo / Pravio / Barcala
Mércores de 2 Xaneiro: Cecebre / Andeiro / Temple
Xoves 3 de Xaneiro: Meixigo / Brexo / Bribes


O Apalpador pasou por Narón da man de DINAMO

Neste pasado mes de decembro "Os Contos do Apalpador" un espectáculo de Pedro Brandariz, creado en colaboración con DINAMOproducións, pasou por diferentes localizacións do Concello de Narón, achegando as historias do "carboeiro do Courel" a un bo feixe de nenas e nenos.

As datas foron as seguintes:
Luns 17 de Decembro. Centro Social O Val.
Martes 18 de Decembro. Ludoteca Municipal.
Sábado 22 de Decembro. Biblioteca Municipal.


DINAMO encargouse do Servizo de Conciliación do Encontro de Down España celebrado en Compostela

O pasado 8 de decembro a equipa de DINAMO encargouse do servizo de gardería e lecer das máis cativas e cativos no Encontro Nacional que Down España celebrou en Santiago de Compostela.

Ademáis de velar pola seguridade das máis cativas/os e permitir así a conciliación co propio encontró as monitoras/es ofreceron una enorme variedade de actividades para que o encontró fose todo un éxito.

Dende DINAMO temos ampla experiencia en actividades de ocio para persoas con discapacidade, polo cal ésta foi una magnífica oportunidade de pasar una xornada agradable de xogos, ilusión e inclusión.