domingo, 3 de febrero de 2019

O Apalpador percorreu terras da Coruña, Carballedo, Culleredo, Barbadás e moitos sitios máis da man de DINAMO

Neste pasado mes de decembro "Os Contos do Apalpador" un espectáculo de Pedro Brandariz creado en colaboración con DINAMOproducións pasou por diferentes localizacións de toda Galicia, achegando as historias do "carboeiro do Courel" a un bó feixe de nenas e nenos.

Ademais das xiras que fixo por Narón e Cambre, das que xa demos boa conta, tamén estivo nos seguintes lugares:

21 de Decembro: Casa da Cultura de Barbadás.
23 de Decembro: Asociación de Veciñas/os de Orro (Culleredo)
23 de Decembro: Concello de Carballedo
24 de Decembro: Librería A Carapuchiña Feroz (A Coruña).

E o ano que ven visitará moitos máis cativiños e cativiñas.



No hay comentarios:

Publicar un comentario