A equipa profesional de DINAMO xestiona e executa os Campamentos Urbanos do Concello de Cabanas, dende o pasado 22 de xuño ata comezos de setembro.
Trinta participantes por quenda realizan actividades como obradoiros, xogos, deportes, saídas, contacontos... todas as mañás de 9:00 a 14:30, de luns a venres.
O campamento desenvolvese no Apeadoiro de Cabanas, xa que dispons dunhas magníficas insntalacións e ademáis conta cunha contorna moi axeitada para a realización do campamento.
Trátase dunha magnífica oportunidade de ocio para as máis cativas e cativos e sobre todo un bó servizo para as nais e pais, pois permítelle conciliar a vida laboral, familiar e persoal.
Hoxe en día os campamentos urbanos están moi en auxe polo seu carácter didáctico e polas oportunidades para nais e pais.
A equipa de DINAMO está especializada no eido dos campamentos e actividades para nenas e nenos. Se queres recibir máis información sobre as nosas propostas campamentais tan só tes que chamar ó 619.345.100 ou escribir un correo a dinamo@dinamoxestion.com
Dentro do programa municipal de Ocio Saudable a equipa profesional de DINAMO está desenvolvendo diferentes obradoiros de hip hop e dj en diferentes centros cívicos da cidade.
Nestes obradoiros as mozas e mozos aprenden a crear as súas rimas, a improvisar as súas letras, a traballar coas bases musicais... e sobre todo unha serie de valores de igualdade e xustiza social. Desta maneira, partindo dunha actividade atractiva para elas e eles ofrecemos unha formación en valores moi utís para a vida cotiá.
Os obradoiros son impartidos por compoñentes de grupos de rap e hihop pero que tamén contan coa titulación de Educación Social o cal garante o carácter didáctico das actividades.
Xa se desenvolveron os obradoiros dos centros cívicos de Rosales e Novo Mesoiro, e queda pendente para agosto a realización do obradoiro en Monte Alto.
Dende DINAMO somos especialistas na programación e execución de actividades para a mocidade, como poden ser estes obradoiros.
Se queres recibir a nosa Proposta de Actividades para a Xuventude podes chamar ó 647.488.688 ou escribir a dinamo@dinamoxestion.com
O pasado 4 de Xullo a equipa de DINAMO levou a cabo unha Tarde de Xogos Populares nas Festas de Xunqueira de Espadañedo.
Cativas/os e non tan cativas/os participaron nas diferentes estacións e pasaron unha divertida tarde xogando á rá, ó tiralatas, ó metediscos, ós zancos, ós aros, á tartaruga...
A Caravana de Xogos Populares de DINAMO percorrerá este verán diferentes puntos da xeografía galega.
Se queres que cheguemos ó teu concello, ó teu barrio, á túa aldea... non dubides en poñerte en contacto con nós no 619.345.100 e darémosche un orzamento personalizado.
Podes ver todas as fotos dos Xogos Populares en Xunqueira de Espadañedo nesta ligazón
Fotos Xogos Populares en Xunqueira de Espadañedo
O pasado venres 17 de Xullo a equipa profesional de DINAMO levou a cabo a Programación da Noite Branca do Burgo.
A Noite Branca consiste nunha iniciativa do Concello de Culleredo para promover o comercio local na zona do Burgo, contando co colaboración dos propios comerciantes.
Durante toda a xornada houbo unha gran programación de eventos e actividades e a equipa de DINAMO desenvolve as actividades para cativas e cativos.
As actividades desenvolvéronse na Praza Europa do Burgo dende as 17:00 ata as 21:00.
O programa foi o seguinte.
De 17:00 a 20:00: Hinchables / Xogos Populares / Photocall
18:00 Obradoiro de Complementos para o Photocall
19:00 Globoflexia e Maquillaxe
20:00 Festa de Animación Musical.
As actividades estiveron moi concurridas e a xornada foi todo un éxito.
Algunhas fotos da programación podes velas neste albúm da nosa páxina de facebook.
Album Fotos Noite Branca Infantil Culleredo
Dende o pasado mes de maio a equipa profesional de DINAMO desenvolve o Programa de Envellecemento Activo no Concello de Cabanas.
Todos os martes de 11:00 a 12:30 un nutrido grupo de persoas maiores participan nunha serie de actividades e obradoiros co obxectivo de fomentar a autonomía persoal e retrasar a dependencia.
Por unha banda trabállase no proxecto de "Lembrando Cabanas", no que se visitan diferentes puntos emblemáticos do concello e as e os participantes contan as súas lembranzas e vivencias asociadas a estes lugares.
E por outra banda traballamos a cociña creativa, para que aprendan novas técnicas culinarias e que desenvolven a súa creatividade.
Dende DINAMO levamos a cabo proxectos de intervención coa terceira idade en diferentes concellos e entidades.
Durante tres venres de xuño a equipa profesional de DINAMO desenvolverá tres Obradoiros de Cociña dentro do Programa de Lecer Alternativo "Venres en Sansa", organizado polo Concello de San Sadurniño para a mocidade.
"Venres en Sansa" trátase dun programa para fomentar hábitos saudables entre a xuventude e previr condutas nocivas.
A equipa de DINAMO desenvolve neste programa tres Obradoiros de Cociña. As actividades de cociña supoñen unha magnífica oportunidade didáctica para a mocidade, pois apórtalles capacidades e autonomía, trabállase a igualdade de xénero, e foméntase hábitos alimentarios positivos.
Dende DINAMO levamos a cabo moitas actividades de cociña pois gozan de moita participación, sobre todo entre a xente nova.
Ademáis dende DINAMO levamos todo o necesario para que a entidade organizora non teña que aportar nada. Levamos forno normal, microondas, cociña, potas, cacerolas, tixolas... e evidentemente os ingrediantes.
Un dos proxectos fundamentais e estruturais de DINAMO é a xestión, atención e programación do Centro de Lecer Xuvenil Portaberta, dependente do Concello de Oleiros. Trátaase dun centro de ocio para mozas e mozos de 12 a 18 anos e está situado na vila de Santa Cruz.
No centro as usuarias/os teñen á súa disposición unhas magníficas instalacións con salas de esparecemento, salas de traballo, salas de ordenadores, equipamentos lúdicos, recursos xuvenís... para que poidan disfrutar do se tempo de lecer dun xeito educativo.
A equipa de DINAMO atende o centro xuvenil e ademáis programa unha manchea de actividades e iniciativas para as mozas e mozos, eleborando programacións semanais atractivas para a xuventude.
E os servizos non rematan aquí, pois o centro tamén funciona como Punto de Información Xuvenil e presta asesoramento integral á mocidade: afectivo-sexual, social, académico, laboral...
DINAMO leva xa oito anos xestionando Portaberta e recentemente acaba de resultar adxudicatario por dous anos máis.
A intervención socioeducativa na mocidade é un dos piares fundamentais do traballo que facemos dende DINAMO, e por iso este é un proxecto fundamental.