Dende o pasado mes de maio a equipa profesional de DINAMO desenvolve o Programa de Envellecemento Activo no Concello de Cabanas.
Todos os martes de 11:00 a 12:30 un nutrido grupo de persoas maiores participan nunha serie de actividades e obradoiros co obxectivo de fomentar a autonomía persoal e retrasar a dependencia.
Por unha banda trabállase no proxecto de "Lembrando Cabanas", no que se visitan diferentes puntos emblemáticos do concello e as e os participantes contan as súas lembranzas e vivencias asociadas a estes lugares.
E por outra banda traballamos a cociña creativa, para que aprendan novas técnicas culinarias e que desenvolven a súa creatividade.
Dende DINAMO levamos a cabo proxectos de intervención coa terceira idade en diferentes concellos e entidades.
No hay comentarios:
Publicar un comentario