lunes, 23 de febrero de 2015

DINAMO organizou unha Xornada de Formación Teatral en Antas de Ulla

O pasado 8 de Febreiro un bó grupo de nenas e nenos de Antas de Ulla e Melide conviviron durante unha xornada realizando un obradoiro formativo en artes escénicas, concretamente na animación teatral e na improvisación.

Durante todo o día participaron nos obradoiros formativos, para finalmente amosar o traballado nunha mostra aberta para nais e pais. 

Antas de Ulla é un dos concellos que máis coida o teatro dende a máis tenra infancia con multitude de actividades e iniciativas.

Por outra banda as actividades de animación teatral son unha das especialidades da equipa profesional de DINAMO.



domingo, 22 de febrero de 2015

DINAMO desenvolveu Obradoiros de Títeres de Entroido nas Bibliotecas de Oleiros

Nas pasadas semanas, xusto antes do tempo de Entroido a equipa profesional de DINAMO levou a cabo oito obradoiros de creación de títeres de Entroido nas bibliotecas de Oleiros.

Trátase dunha actividade que xa se realizou en anos anteriores. Neste 2015 as nenas e nenos confeccionaron monicreques das diferentes figuras tradicionais de Entroido: peliqueiros, cigarróns, pantallas, felos...

As citas foron as seguintes:

Luns 9 de Febreiro. Biblioteca de Dorneda.
Luns 9 de Febreiro. Biblioteca de Oleiros.
Martes 10 de Febreiro. Biblioteca de Montrove.
Mércores 11 de Febreiro. Biblioteca de Santa Cruz.
Xoves 12 de Febreiro. Biblioteca Rialeda. Perillo.
Xoves 12 de Febreiro. Biblioteca de Lorbé.
Venres 13 de Febreiro. Biblioteca de Mera.
Venres 13 de Febreiro. Biblioteca de Nós.


sábado, 21 de febrero de 2015

O Entroido "máis monstroso" de DINAMO

Rematou o tempo de Entroido, e a equipa de DINAMO traballamos moi duro para levar a ilusión "entroideira" chegara a un lote de vilas galegas. 

Desta volta as monitoras e monitores levaron a cabo unhas actividades "monstrosas" en todas estas festas e actividades.
  • Obradoiros de Títeres en Entroido nas Bibliotecas de Oleiros (8 obradoiros).
  • Festa Infantil de Entroido no CEIP As Mercedes (Lugo).
  • Festa Infantil de Entroido no CEIP Isidro Parga Pondal (Oleiros).
  • Festa Infantil de Entroido no Centro Cívico de Novo Mesoiro.
  • Festa Infantil de Entroido no Centro Cívico de San Pedro de Visma.
  • Festa Infantil de Entroido no Centro Cívico de Os Rosales.
  • Festa Infantil de Entroido no Centro Cívico de Palavea.
  • Festa Infantil de Entroido na Sociedade Recreativa da Gaiteira (A Coruña).
  • Festa Infantil de Entroido no Temple (Cambre).
  • Festa Infantil de Entroido en Cambre.
  • Festa Infantil de Entroido en A Cañiza.
  • Festa Infantil de Entroido en Camariñas.
  • Festa Infantil de Entroido en Cangas do Morrazo.
  • Festa Infantil de Entroido en Baamonde (Begonte).
  • Festa Infantil de Entroido en A Barrela (Carballedo).
  • Festa Infantil de Entroido en Corme (Ponteceso)
  • Festa Infantil de Entroido en Bóveda
  • Presentación do Entroido Pequeno de Cambre
  • Obradoiro de Cociña Entroideira na Cañiza,







lunes, 12 de enero de 2015

DINAMO organizou o Campamento de Nadal da Casa Museo Picasso

Neste pasado nadal que acabamos de deixar a equipa profesional de DINAMO levou a cabo un importante proxecto de expresión e creatividades plástica a través do campamento urbano desenvolvido nas mañás das vacacións invernais na Casa Museo Picasso da Coruña.

As cativas e cativos a través dunha manchea de actividades como xogos, obradoiros, visitas, excursións, roteiros teatrais, xincanas, xogos de pistas... descubriron a importante figura de Picasso.

Aínda que, da mesma maneira que a propia Casa Museo, as actividades centráronse na importantísima etapa coruñesa do artista, as rapazas e rapazas traballaron coas técnicas pictóricas e artísticas do gran pintor internacional, polo que dunha maneira lúdica e moi divertida coñeceron as diferentes etapas e correntes artísticas que foi asumindo.




Dende DINAMO traballamos de xeito directo coas Casas Museo da Coruña, tamén na de María Pita e Casares Quiroga, promocionado o alto valor patrimonial das mesmas a través de visitas guiadas, roteiros teatrailizados, obradoiros, actividades para cativas/os...

Nesta ligazón podes ver algún dos traballos que realizaron as pequenas e pequenos nesta última tanda de campamento,

Fotiños dalgúns dos traballos realizados




DINAMO organizou o Campamento de Nadal de Irixoa.

Nas pasadas vacacións de Nadal a equipa profesional de Dinamo levou a cabo o Campamento de Nadal no Concello de Irixoa. 

As cativas e cativos participantes desfrutaraon dunha ampla e variada oferta de actividades: xogos, xincanas, obradoiros, saídas, animación á lectura, espectáculos teatrais...

DINAMO leva traballando dende hai moitos anos con Concello de Irixoa e con outras moitas entidades no desenvolvemento de actividades de conciliación da vida laboral, familiar e persoal.

Se queres recibir o noso catálogo de campamentos e actividades de conciliación chama ó 619.345.100.


miércoles, 7 de enero de 2015

DINAMO organizou o Campamento de Nadal en Cabanas.

Durante o período vacacional de Nadal a equipa profesional de DINAMO organizou e levou a cabo o Campamento de Nadal do Concello de Cabanas. 

As rapazas e rapaces poideron participar en divertidas actividades todas as mañás do Nadal, permitindo desta maneira a conciliación da vida familiar, laboral e persoal das súas proxenitoras/es. 

Xogos, xincanas, obradoiros, festas, contacontos... foron algunhas das actividades que levaron a cabo as nenas e nenos, 

Neste tipo de actividades predomina o compoñente lúdico, pero camiña de xeito paralelo coas intencións educativas e didácticas. O obxectivo é que as e os participantes teñan unha alternativa de ocio, que ademáis lle sirva para enriquecerse e seguir aprendendo. 

Dende DINAMO estamos especializados neste tipo de actividades, e desenvolvemos moitos proxectos de conciliación. En concreto neste Nadal, foron varios os concellos que confiaron en nós para desenvolver os seus campamentos: Irixoa, Casas Museo A Coruña, Servizos Sociais A Coruña...



martes, 6 de enero de 2015

DINAMO axudou ao Apalpador a chegar a Carballo

Grazas á equipa profesional de DINAMO e ó Concello de Carballo o Apalpador poido visitar ás nenas e nenos de Carballo en tres citas bastante multitudinarias no pasado mes de decembro de 2014.

As citas foron as seguintes:

- O día 18 na Biblioteca Rego da Balsa. 

. O día 23 na Ludoteca Municipal.

. O día 28 na feira de Carballo.

En DINAMO temos contacto directo co Apalpador do Courel e se nos chamas podemos facer que o "carboeiro" visite o teu concello, o teu colexio, ou incluso a túa casa.

Para máis información podes chamar ó 619.345.100 ou escribir a dinamo@dinamoxestion.com