martes, 24 de diciembre de 2019

O Apalpador chegou ás parroquias de Cambre da man de DINAMO

Nestes últimos días de 2019, o Apalpador do Courel está visitando todas as parroquias de Cambre, máis concretamente os seus 14 centros sociais e veciñais.

En cada localización prepárase una rececpción do "carboeiro" que preséntase ante as cativas/os e as súas familias, interpreta un espectáculo de narración oral no que conta o seu día a día no Courel e o que fai nos últimos días de decembro baixando ás casas das cativas e cativos e apalpando as barriguiñas.

Este proxecto é xa un clásico das Festas de Nadal do Concello de Cambre, que leva varios anos desenvolvéndose e contando con actores de renome para as interpretacións escénicas, tales como Pedro Brandariz, José Losada...




sábado, 21 de diciembre de 2019

DINAMO organizou unha Xincana pola Igualdade no CEIP Virxe do Carme de Sober

O pasado 25 de novembro s equipa profesional de DINAMO organizou una Xincana pola Igualdade no CEIP Virxe do Carme en Sober.

As alumnas e alumnos tiveron que superar una serie de probas temáticas en torno á eliminación de estereotipos machistas, detección de roles sexistas, prevención da violencia de xénero… 

Trátase de probas lúdicas e ó mesmo tempo didácticas que axudan á sensibilización en relacións de igualdade, baseadas no respecto e na promoción de actitudes igualitarias.

Dende DINAMO organizamos todo tipo de actividades de sensibilización en igualdade de xénero, dende xincanas lúdicas, obradoiros, charlas formativas, contacontos, proxeccións...




DINAMO organizou un Obradoiro de HipHop pola Igualdade de Xénero en Cee

No pasado mes de novembro a equipa artística e educativa de DINAMO formada por una educadora e una rapeira organizaron un Obradoiro de Rap pola Igualdade no IES Agra de Raíces de Cee, no que durante varias sesións as e os participantes achegáronse á cultura hip-hop en xeral e ´p rap en particular para despois aprender as técnicas básicas do rap, facendo as súas propias rimas e composicións temáticas, para rematar o propio día 25 de Novembro, Día Internacional contra a Violencia Machista, cunha posta en común na Cada da Cultura de Cee, dentro dos actos institucionais organizados polo concello.

Os obradoiros de rap e de cultura hiphop teñen moi boa acollida entre a mocidade e son moi axeitados para traballar na sensibilización pola igualdade de xénero e a prevención da violencia machista.



martes, 17 de diciembre de 2019

DINAMO organizou as Actividades da Festa de Samaín da Cidade Vella

O pasado 9 de novembro a equipa profesional de DINAMO organizou as actividades lúdicas da Festa do Samaín da Asociación de Veciñas e Vecinos da Cidade Vella.

A primeira hora organizouse un Obradoiro de Decoración de Cabazas do Samaín, entregando una calabaza a cada participante. Despois a festa continuou cunha Xincana de "Xogos de Samaín" na que catro monitoras/es organizaron una manchea de probas, dinámicas e xogos temáticos arredor da Festa do Samaín. 

Dende DINAMO organizamos todo tipo de actividades encamiñadas cara a conservación e promoción da tradición do Samaín.




lunes, 16 de diciembre de 2019

DINAMO organizou unha Xincana pola Igualdade no CEIP Vales Vilamarín (Betanzos)

O pasado 22 de novembro a equipa profesional de DINAMO organizou una Xincana pola Igualdade no CEIP Vales Vilamarín de Betanzos da man da ANPA Brigatium.

Máis de 400 alumnas e alumnos participaron nunha serie de probas temáticas vencelladas coa prevención da violencia machista e a promoción da igualdade de xénero. As actividades lúdicas e didácticas están encamiñadas cara a detección e eliminación de estereotipos machistas, roles de xénero sexistas e a promoción de relacións saudables e en pé de igualdade.

A actividades estivo enmarcada dentro dun programa de actividades en igualdade organizado pola Asociación de Nais e Pais do centro e que recibe o título de "Adiante co Bó Trato"

Dende DINAMO organizamos multitude de xincanas pola igualdade, así como actividades en torno da sensibilización en actitudes de respecto, tolerancia...


jueves, 12 de diciembre de 2019

DINAMO organizou unha Festa de Samaín en Cabanas

O pasado 31 de outubro a equipa profesional de DINAMO organizou unha festa de animación infantil de Samaín no concello de Cabanas, con xogos, bailes e coreografías temáticas, desfile de disfraces terroríficos, contacontos de medo...

Dende DINAMO organizamos unha manchea de festas e eventos lúdicos en torno á tradición do Samaín. 


domingo, 8 de diciembre de 2019

DINAMO encargouse da animación infantil da Feira do Mel de Perillo (Oleiros)

O pasado 3 de novembro, a equipa profesional de DINAMO encargouse da dinamización da festa infantil de animación musical que tivo lugar dentro da programación da Feira do Mel de Perillo, Oleiros.

Xogos, bailes, coreografías e outras actividades conformaron una festa dinámica e moi divertida en torno ó mundo da mel e da apicultura. 

Dende DINAMO organizamos todo tipo de actividades lúdicas e de carácter temático para nenas e nenos, e que veñen a dinamizar eventos de moi diferente natureza.