miércoles, 17 de febrero de 2016

DINAMO organizou Actividades de Entroido en Fene

Neste pasado Entroido a equipa profesional de DINAMO organizou diferentes Actividades de Entroido no Concello de Fene.

O luns 8 a actividade foi un Obradoiro de Larpeiradas de Entroido, no que as cativas e cativos poideron elaborar filloas, orellas, rosquillas... coas súas propias mans.

E o martes 9 o turno foi para a Festa Infantil de Entroido na carpa municipal, onde se realizaron bailes, xogos, obradoiros de maquillaxe e globoflexia, desfile de disfraces...

Esta son só algunas das actividades que dende DINAMO realizamos neste tempo de Entroido.



lunes, 15 de febrero de 2016

DINAMO organizou a Festa Infantil de Entroido de Miño

O pasado 7 de Febreiro o equipo profesional de DINAMO levou a cabo una gran festa de Entroido para as máis cativas e cativos no Concello de Miño.

Realizouse no Pavillón Municipal por mor do mal tempo e as nenas e nenos poideron participar nas actividades de animación musical, obradoiro de cociña, maquillaxe de Entroido, globoflexia, xogos populares, hinchables...

A resposta das pequenas e pequenos e a das súas nais e país foi moi positiva, sobre todo pola "Caravana de Xogos Populares", con máis de 24 estacións.

Esta foi ´só una das múltiples actividades que neste Entroido realiza DINAMO por toda a xeografía galega.

DINAMO organizou as Festas Infantís de Entroido de Cambre

A equipa de DINAMO organizou as diferentes festas de Entroido do Concello de Cambre. Por una banda organizamos as Festas Infantís do Temple e Cambre, que se realizaron o Luns e Martes de Entroido e que gozaron de moitísima participación.

As festas infantís contaron con animación musical, xogos, bailes e coreografías, así como cunha ampla oferta de xogos populares e tradicionais.

Por outra banda, na Festa de Entroido Xeral, organizada o sábado de Entroido Pequeño, DINAMO participou na presentación e dinamización do evento, a cargo do cómico Pedro Brandariz

Estas foron algunhas das múltiples festas e actividades que DINAMO organizou por toda a xeografía galega.



domingo, 14 de febrero de 2016

DINAMO organizou varias Actividades de Entroido en Mugardos

Neste pasado Entroido a equipa de DINAMO organizou varias actividades de Entroido no Concello de Mugardos. Concretamente o martes organizamos un Pasarúas de Entroido e un Concerto de Los Mecánicos. E o mércores foi o turno do Enterro da Sardiña.

Todas as actividades foron dinamizadas polo equipo escénico de DINAMO.

DINAMO organizou Obradoiros de Máscaras do Mundo na Rede de Bibliotecas de Oleiros

Durante este mes de febrero a equipa educativa de DINAMO organizou oito Obradoiros de Máscaras do Mundo nas oito bibliotecas do Concello de Oleiros.

Nestes obradoiros as nenas e nenos, ademáis de confeccionar e aprender as máscaras e figuras do Entroido galego, como os peliqueiros, cigarróns, pantallas, felos... tamén poideron realizar máscaras de outras culturas, como a veneciana, a mexicana, a africana, a oriental...

Ao mesmo tempo que realizan unha actividade divertida as cativas e cativos aprenden as orixes e costumes do Entroido, o que axudará no futuro, a súa transmisión e conservación.

Dende DINAMO realizamos unha manchea de actividades no Entroido, das que iremos dando conta nas seguintes entradas.

 

 


jueves, 14 de enero de 2016

DINAMO organizou Obradoiros de Consumo Responsable no IES As Telleiras (Narón)

O pasado 18 de Decembro a equipa profesional de DINAMO realizou varios Obradoiros de Consumo Responsable no IES As Telleiras, por iniciativa do Concello de Narón.

Nos obradoiros participaron as alumnas e alumnos de 4º da  ESO. Nas sesións de traballo as mozas e mozos descubriron a necesidade e os beneficios dun consumo consciente e responsable, tanto a nivel social como a nivel económico e sobre todo ambiental.

A partir de exercicios prácticos, dinámicas e xogos de simulación as e os participantes traballan os contidos dunha maneira lúdica, activa e participativa. Ademáis estas accións teñen un gran potencial sensibilizador, moi necesario, sobre todo en datas de consumo tan desorbitado como a época de Nadal.


martes, 12 de enero de 2016

DINAMO organizou dúas sesións de Contacontos de Nadal en Pontedeume

Nas pasadas datas de Nadal a equipa escénica de DINAMO levou a cabo dous Contacontos de Nadal no Poboado de Nadal do Concello de Pontedeume.

O día 20 de decembro foi o turno para os "Contos do Apalpador" e o 27 adicámolo a contos e historias para preparar a "Noite de Reis".

O obxectivo destas accións, igual que a do poboado nadaleño é a de dinamizar as rúas nestas datastan festivas.

Ambos contacontos gozaron dunha alta participación e foron todo un éxito.

Dende DINAMO ofrecemos una amplo abano de actividades e espectáculos para a dinamización das rúas, e para todos os públicos.