martes, 12 de enero de 2016

DINAMO organizou dúas sesións de Contacontos de Nadal en Pontedeume

Nas pasadas datas de Nadal a equipa escénica de DINAMO levou a cabo dous Contacontos de Nadal no Poboado de Nadal do Concello de Pontedeume.

O día 20 de decembro foi o turno para os "Contos do Apalpador" e o 27 adicámolo a contos e historias para preparar a "Noite de Reis".

O obxectivo destas accións, igual que a do poboado nadaleño é a de dinamizar as rúas nestas datastan festivas.

Ambos contacontos gozaron dunha alta participación e foron todo un éxito.

Dende DINAMO ofrecemos una amplo abano de actividades e espectáculos para a dinamización das rúas, e para todos os públicos.







No hay comentarios:

Publicar un comentario