miércoles, 6 de enero de 2016

O Apalpador visitou as 12 parroquias de Cambre

Neste Nadal o Apalpador visitou, da man de DINAMO, as doce parroquias de Cambre, en catro xornadas de intenso traballo.

o 23, 28, 29 e 30 de Decembro a equipa de DINAMO fixo as xestions oportunas para que o Apalpador visitara 12 centros sociais, casas de veciños, locais municipais... En cada visita realizouse un contacontos de media hora e una actividade manual de outra media hora, Ademáis o Apalpador agasallou a todas as nenas e nenos con boas presas de caramelos.

No obradoiro as cativas e cativos confeccionaron un divertido "apalpadorno".

Cambre foi un dos concellos que confiou nos servizos de DINAMO para as visitas do Apalpador, igual que outros moitos concellos, entidades sociais, comercios...


No hay comentarios:

Publicar un comentario