miércoles, 6 de enero de 2016

DINAMO organizou un Obradoiro de Larpeiradas en Viana do Bolo

O pasado 22 de decembro a equipa profesional de DINAMO organizou un Obradoiro de Larpeiradas de Nadal para máis de 40 nenas e nenos en Viana do Bolo.

O obradoiro foi organizado polo CIM de Viana. As actividades de cociña, moi en boga nos últimos tempos, teñen un alto potencial educativo, sobre todo no eido da igualdade de xénero, da coeducación, da corresponsabilidade e da coeducación.

Dende DINAMO organizamos multitude de actividades e obradoiros de cociña paea nenas/os e mozas/os para moitos concellos, centros educativos, entidades sociais...

No hay comentarios:

Publicar un comentario