O pasado 4 de novembro a equipa profesional de DINAMO levou a súa Caravana de Xogos Populares á X Foliada de Sada,que contou con actividades para todos os públicos, incluso cunha Foliadiñas para as máis cativas/os.
Nenas/os e maiores xogaron nos máis de 30 módulos instalados con diferentes xogos populares e tradicionais.
Sada é un dos concellos onde máis levamos a nosa Caravana de Xogos Tradicionais, pois é bastante usual que alí onde vai a "caravana" recunca.
O pasado 28 de outubro a equipa profesional de DINAMO organizou unha gran festa de Samaín para todas as alumnas/os do IES Rego da Trabe, promovida polo CIPAX do Concello de Culleredo.
Durante toda unha mañá as mozas e mozos participaron en obradoiros de cócteles terroríficos, complementos de medo, cócteles sanguentos, fotocol de Samaín, coreografías de thriller, bailes, xogos, DJ...
Foron todas elas actividades promovidas e organizadas polo Concello de Culleredo.
A equipa de traballo de DINAMO dinamizou diferentes actividades de Samaín en Rarís e Francos (Teo) o pasado 31 de Outubro.
En Rarís, levamos a cabo una Festa Infantil de Samaín para máis de 100 nenas/os con música de Samaín, bailes e coreografías, xogos, maquillaxe de efectos, globoflexia...
E en Francos levouse a cabo un Obradoiro de Maquillaxe de Efectos e un Obradoiro de Cabazas (ambos para adultos).
Foron parte das actividades que o Concello de Teo organizou para que a veciñanza celebrase o Samaín.
O pasado 27 de outubro a equipa profesional de DINAMO xestionou as actividades lúdicas do Festival de Música Tradicional da Agrupación Ancoradoira.
Pola mañá as pícaras e pícaros disfrutaron do espectáculo "Contos e Outras Andrómenas" a cargo de Pedro Brandariz, e pola tarde foi o turno da "Caravana dos Xogos Populares" que fixo participar a cativas/os e maiores a partes iguais.
Ademáis tanto o festival infantil como o de adultos estiveron presentados polo cómico e actor Pedro Brandariz.
Este tipo de actividades funcionan moi ben á hora de complementar eventos, programacións...
O pasado 21 de outubro a equipa profesional de DINAMO encargouse do Programa de Actividades Lúdicas do Encontro Autonómico de de Persoas Usuarias, Familiares e Profesionais de Down Galicia, celebrado no IES Politécnico de Santiago de Compostela e que reuniu a máis de 400 persoas.
Durante toda a xornada as nenas/os e mozas/os participaron nun amplo programa de actividades lúdicas, artísticas, manuais, deportivas, escénicas, audiovisuais... dinamizadas por unha equipa de máis de 14 educadoras/es pertencentes a DINAMO.
Houbo grupos dende case neonatos (0-3 anos) ata os maiores de idade (+ 18 anos), e todos tiveron actividades acaídas ás súas idades, coñecementos e intereses.
Dende DINAMO traballamos na coordinación e dinamización de grandes grupos e ademáis contamos cunha ampla experiencia no eido da diversidade funcional.
En DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais estamos de estrea. A partir do 28 de outubro iniciamos un novo proxecto empresarial, abrindo as portas dunha nova librería infantil, "A Carapuchina Feroz".
Pode que nos tempos que corren abrir un espazo adicado á literatura infantil e xuvenil sexa una auténtica utopía, incluso una tolemia, pero á equipa profesional de DINAMO vivimos de retos, xa sexa dende o eido socioeducativo, cultural ou escénico.
"A Carapuchiña Feroz" pretende ser unha librería viva, dinámica e chea de actividade. Levaremos a cabo diferentes plans de dinamización sociocultural e de animación á lectura. Faremos obradoiros, contacontos, presentaciíns de libros, clubes de lectura, actividades para as familias... ahh e tamén venderemos libros.
A librería está ubicada na rúa Fanny Garrido da cidade da Coruña, ao ladiño das oficinas de DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais.
A pasada semana comezaron nos Institutos de Ensino Secundario de Cambre os Obradoiros de Bó Trato, dentro do Programa de Prevención da Violencia de Xénero do Concello de Cambre.
Durante os meses de outubro e novembro a equipa profesional de DINAMO desenvolverá catro sesións de traballo con 9 grupos-aula, do IES David Buján e IES Alfonso X O Sabio.
As actividades rematarán na semana do 25 de Novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, realizando una gran campaña de sensibilización, que se enmarcará dentro do programa de "Cambre en Negro contra a Violencia de Xénero"
Dende DINAMO levamos a cabo moi diferentes programas educativos de prevención das violencias machistas, de educación afectivo-sexual, de educación para a saúde...