jueves, 19 de marzo de 2015

DINAMO organiza as actividades da Día da Árbore de Culleredo

O vindeiro 21 de marzo é o Día Internacional das Árbores, e no Concello de Culleredo sempre levan a cabo un gran programa de actividades de sensibilización para as máis cativas e cativos.

Este ano, e coa xestión da equipa educativa de DINAMO, o programa de actividades consta de varias sesións de contacontontos e unha gran festa-xincana final temática.

O mércores 18 e xoves 19 desénvolveronse dúas sesións de contacontos por xornada. Contacontos arrador da sorprendente vida das árbores e de toda a vida que hai arredor dela: animais, trasnos... Todas as historias teñen o obxectivo de concienciar no coidado das árbores e dos bosques. 

E o vindeiro día 23 de marzo pecharase a campaña cunha gran festa no Xardín Botánico do Burgo. A festa contará con bailes, actuacións, xincana de probas, e moitas sorpresas. 

Dende DINAMO dispoñemos dun amplo catálogo de actividades de Educación Ambiental. Se queres máis información podes chamar ó 619.345.100 ou escribir a dinamo@dinamoxestion.com








DINAMO ofrece unha ampla proposta de actividades para as Vacacións de Semana Santa

Hoxe en día as familias demandan oportunidades de conciliación da vida laboral, persoal e familiar, polo cal nos períodos vacacionais, como o de Semana Santa, proliferan as iniciativas que facilitan esta conciliación.

Dende DINAMO ofrecemos todo tipo de actividades de conciliación, pero que ademáis supoñen unha alternativa de ocio para as máis cativas e cativos. Trátase de desenvolver actividades divertidas, interesantes e educativas para que ademáis de ser unha opción de lecer sexa unha experiencia enriquecedora para as e os participantes.

O abano de propostas é moi amplo: campamentos matinais, campamentos urbanos, excursións e saídas, obradoiros, contacontos...

Se queres recibir a nosa proposta de actividades podes pedila en dinamo@dinamoxestion,com ou chamando ó 619.345.100.


lunes, 16 de marzo de 2015

DINAMOteatro no Circuito Camiños da Cultura da AGADIC

A compañía DINAMOteatro ofrece un amplo abano de espectáculos e montaxes teatrais para diferentes públicos e formatos.

Desta volta, para o circuito "Camiños da Cultura" da AGADIC presentamos unha proposta moi sinxela de espectáculos para faciliar a venta.

Trátase de tres espectáculos moi diferentes, pero que conflúen no humor que predommina en todas as propostas de DINAMOteatro.

- A Familia do Pindirico: espectáculo para público familiar.

- Radio Torreiro: teatro cómico para adultos

- O Gran Chou: monólogo cómico sobre a cultura galega.

Calquera destes espectáculos pode ser contratado entrando en www.galescena.info, chamando ó 619.345.100 ou escribindo a dinamo@dinamoxestion.com




domingo, 15 de marzo de 2015

DINAMO xestiona os Obradoiros de Teatro Infantil en Ponteceso

A equipa profesional de DINAMO xestiona a Escola Infantil de Teatro de Ponteceso, con clases semanais en dous grupos diferenciados.


As e os participantes son cativas e cativos de 4 a 12 anos.

Todos os luns de 18:30 a 19:30 a actividade é para as cativas e cativos da Ponte, e de 19:45 a 20:45 o turno é para as nenas e nenos de Corme.

Coas clases semanais preténdese achegar ao teatro ás e ós participantes, dunha maneira lúdica, divertida e moi, moi participativa.

Ademáis, dende o primeiro momento iniciamos o traballo escénico, coa improvisación de pequenas esceas, e sobre todo coa preparación e ensaios de espectáculos que logo serán representados.


jueves, 12 de marzo de 2015

DINAMO organizou o "Contacontos pola Igualdade" do CIM de Negreira

Este pasado xoves 12 de marzo a equipa escénica de DINAMO levou a cabo un contacontos no Auditorio Municipal de Negreira para conmemorar o 8 de Marzo, o Día Internacional das Mulleres. 

A través dun contacontos lúdico sensibilizase ás cativas e cativos na necesidade da igualdade entre homes e mulleres. Trabállase a prol da eliminación de estereotipos, da creación de referentes de igualdade e para acadar unha conciliación da vida laboral, familiar e persoal de homes e mulleres.

Dende DINAMO utilizamos os contos como ferramenta pedagóxica en moi diferentes ámbitos. Se queres recibir o noso catálogo de contacontos podes chamar ó 619.345.100 ou escribir a dinamo@dinamoxestion.com





lunes, 9 de marzo de 2015

Catálogo de Animacións Infantís de DINAMO para cumples, comunións e outros eventos









"Cociñando a igualdade", animación de DINAMOteatro en Moraña

O pasado venres 6 de marzo a equipa teatral de DINAMO animou as rúas de Moraña cunha intervención teatral cómica títulada "Cociñando a Igualdade" propoñéndolle probas ás veciñas e veciños.

Trátase dunha campaña de sensibilización baseada no bó humor e no positivismo, para acadar cambios actitudinais concretos.

A equipa de DINAMO ten un amplo catálogo de espectáculos e animacións teatrais que podes solicitar no 619.345.100 ou en dinamo@dinamoxestion.com