martes, 12 de marzo de 2019

DINAMO organizou as Festas de Entroido Infantil do Temple e Cambre

Como dende hai xa máis de dez edicións, a equipa profesional de DINAMO organizou as Festas Infantís de Entroido do Concello de Cambre, que se celebraron o luns 4 no Pavillón do Temple e o martes 5 no Pavillón de Cambre.

Foron, como nas anteriores ocasións, macrofestas para toda a veciñanza infantil e as súas familias con animación musical, bailes, xogos, coreografías, estacións lúdicas, pequenas actuacións…

Cada ano este tipo de festas rexistran unha temática (por exemplo o circo, o deporte, a cociña, os superhéroes, os castrexos…) e desta volta o nexo artístico.lúdico foi o de "científicas/os tolas/os", cunha magnífica resposta por parte do público.

Dende DINAMO organizamos multitude de actividades con carácter temático que ademáis de facer máis lúdicas as propostas, tamén as fan máis didácticas e atractivas.



DINAMO organizou unha Festa de Entroido Infantil en Mañón

O pasado 2 de marzo, a equipa profesional de DINAMO levou a cabo una festa de Entroido para as máis cativas/os no Barqueiro (Concello de Mañón). Unha festa de animación musical, con bailes, xogos, coreografías, maquillaxe infantil, globoflexia e disfraces, moitos disfraces.

Dende DINAMO temos unha ampla e dilatada experiencia na organización deste tipo de eventos lúdicos e de animación. 


lunes, 11 de marzo de 2019

DINAMO organizou unha Festa Infantil de Entroido en Cangas do Morrazo

O pasado 2 de marzo, a equipa profesional de DINAMO, participou na Programación de Entroido do Concello de Cangas do Morrazo cunha festa de animación musical, baseada en xogos, bailes, coreografías (dirixidas dende escenario) para as máis cativas e cativos.

Dende DINAMO levamos varios anos participando na programación canguesa e a resposta de pequeñas/os e maiores é moi satisfactoria.


domingo, 10 de marzo de 2019

DINAMO organizou a Festa de Entroido do ANPA Nós do CEIP Juana de Vega

O pasado 1 de marzo, a equipa profesional de DINAMO organizou a Festa de Entroido Infantil do ANPA Nós, do CEIP Juana de Vega (Nós-Oleiros). 

Tratouse dunha festa, para todas as cativas/os e as súas familias, principalmente de animación musical, con bailes, xogos e coregografías, globoflexia, maquillaxe…

Este tipo de festas de animación son una da especialidade de DINAMO, e que realizamos por toda a xeografía galega. 


DINAMO organizou un Pasarúas de Entroido en Pontedeume, con zancudos e pallasos.

Este primeiro de marzo, a equipa escénica de DINAMO organizou un Pasarúas de Entroido por todos os centros escolares do Concello de Pontedeume, levando zancudos, malabaristas, pallasos para organizar una mañá festiva de Entroido e moi lúdica para as máis cativas/os.

Este pasa´rúas lévase realizando xa en varias edicións anteriores, con moi boa aceptación e resultados.

Dende DINAMO contratamos todo tipo de espectáculos e artistas de animación, circenses, lúdicos... para os eventos máis variados.




miércoles, 27 de febrero de 2019

DINAMO organiza Obradoiros de Máscaras nas Bibliotecas de Oleiros

Durante este mes de febreiro a equipa profesional de DINAMO está levando a cabo una serie de Obradoiros de Máscaras de Entroido nas Bibliotecas do Concello de Oleiros.

As actividades pensadas para as máis cativas e cativos amosan as figuras máis senlleiras do Entroido Galego para despois pasar á acción e confeccionar máscaras de peliqueiros, cigarróns, pantallas...

Trátase dunha actividade cunha longa traxectoria nas bibliotecas de Oleiros e que dende sempre tivo una gran resposta por parte das cativas/os e das súas familias. 



lunes, 18 de febrero de 2019

DINAMO coordina o Grupo de Teatro de ADACECO

Dende este mes de febrero a equipa profesional de DINAMO fíxose cargo el Grupo de Teatro da Asociación de Personas con Dano Cerebral da Coruña (ADADECO) que desenvolve a súa actividade diarias no gran complexo das Xubias (A Coruña).

O grupo de teatro destacar asociación ten unha longa traxectoria con representacións por todo a comarca coruñesa.

Dende DINAMO levamos a cabo multitude de actividades de animación teatral e expresión escénica con grupos de persoas con diversidade funcional, con resultados sorprendentes.