domingo, 15 de marzo de 2015

DINAMO xestiona os Obradoiros de Teatro Infantil en Ponteceso

A equipa profesional de DINAMO xestiona a Escola Infantil de Teatro de Ponteceso, con clases semanais en dous grupos diferenciados.


As e os participantes son cativas e cativos de 4 a 12 anos.

Todos os luns de 18:30 a 19:30 a actividade é para as cativas e cativos da Ponte, e de 19:45 a 20:45 o turno é para as nenas e nenos de Corme.

Coas clases semanais preténdese achegar ao teatro ás e ós participantes, dunha maneira lúdica, divertida e moi, moi participativa.

Ademáis, dende o primeiro momento iniciamos o traballo escénico, coa improvisación de pequenas esceas, e sobre todo coa preparación e ensaios de espectáculos que logo serán representados.


jueves, 12 de marzo de 2015

DINAMO organizou o "Contacontos pola Igualdade" do CIM de Negreira

Este pasado xoves 12 de marzo a equipa escénica de DINAMO levou a cabo un contacontos no Auditorio Municipal de Negreira para conmemorar o 8 de Marzo, o Día Internacional das Mulleres. 

A través dun contacontos lúdico sensibilizase ás cativas e cativos na necesidade da igualdade entre homes e mulleres. Trabállase a prol da eliminación de estereotipos, da creación de referentes de igualdade e para acadar unha conciliación da vida laboral, familiar e persoal de homes e mulleres.

Dende DINAMO utilizamos os contos como ferramenta pedagóxica en moi diferentes ámbitos. Se queres recibir o noso catálogo de contacontos podes chamar ó 619.345.100 ou escribir a dinamo@dinamoxestion.com





lunes, 9 de marzo de 2015

Catálogo de Animacións Infantís de DINAMO para cumples, comunións e outros eventos









"Cociñando a igualdade", animación de DINAMOteatro en Moraña

O pasado venres 6 de marzo a equipa teatral de DINAMO animou as rúas de Moraña cunha intervención teatral cómica títulada "Cociñando a Igualdade" propoñéndolle probas ás veciñas e veciños.

Trátase dunha campaña de sensibilización baseada no bó humor e no positivismo, para acadar cambios actitudinais concretos.

A equipa de DINAMO ten un amplo catálogo de espectáculos e animacións teatrais que podes solicitar no 619.345.100 ou en dinamo@dinamoxestion.com


viernes, 6 de marzo de 2015

Xincana pola Igualdade na Estrada dinamizada pola equipa de DINAMO

O vindeiro domiingo 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres a equipa de DINAMO estaremos no Concello da Estrada para desenvolver unha Xincana pola Igualdade. 

Trátase de que as cativas e cativos pasen unha mañá divertida (de 11:30 a 13:30) superando probas de corresponsabilidade no fogar para que se vaian concienciando na necesidade de repartir as tarefas domésticas para que todas as persoas poidan acadar un desenvolvemento persoal, social, laboral e familiar óptimos. 

Serán probas moi divertidas que permitirán a pequenas/os e a maiores reflexionar sobre a súa aportación á igualdade de xénero.

A cita será na Praza da Constitución da vila estradense e conta co finanzamento e promoción do Centro de Información as Mulleres da Estrada. 

Dende DINAMO levamos moitos anos desenvolvendo accións deste tipo, de sensibilización en temas de igualdade. Se queres recibir a nosa proposta non tes máis que chamar ó 619.345.100 ou escribir a dinamo@dinamoxestion.com


jueves, 5 de marzo de 2015

DINAMO animará o Photocall pola Igualdade de Pontedeume

O vindeiro domingo 8 de Marzo, Día Internacional das Mulleres a equipa profesional estará, entre outras localidades, en Pontedeume, animando ás veciñas e veciños a que participen no gran Photocall pola Igualdade. 

Realizarase a actividade de creación de mensaxes en positivo pola igualdade para posar con eles no photocall.

Dende DINAMO realizamos a cabo multitude de actividades de sensibilización en igualdade de xénero en multitude de concellos.



martes, 3 de marzo de 2015

DINAMO organiza as Actividades Lúdicas arredor de Picasso no Museo de Belas Artes e na Casa Museo Picasso

Dende o pasado 28 de febreiro e ata o vindeiro 23 de maio a equipa educativa de DINAMO realiza un interesante programa para que as cativas e cativos coñezan a obra de Picasso, e sobre todo a importancia da súa estadía na Coruña. 

Trátase de diferentes actividades realizadas os sábado pola mañá no Museo de Belas Artes da Coruña, máis concretamente na exposición "O Primeiro Picasso", para logo continuar na Casa Museo de Picasso.

Visitas guiadas, contacontos, merendas, xogos, e obradoiros que se fan tanto nos dous lugares expositivos dos que falamos así como na propia rúa, nas calellas e prazas onde xogaba o neno Picasso.

A equipa profesional de DINAMO leva dende hai tempo as visitas guiadas e actividades de divulgación das Casas Museo da Coruña, entre elas as actividades con cativas e cativos e agora damos este gran salto de cualidade ao participar dunha exposición histórica para a cidade da Coruña.