lunes, 7 de noviembre de 2011

DINAMO animou a Feira do Mel de Oleiros para as máis cativas e cativos


O pasado domingo, 6 de novembro, celebrouse no Mercado Municipal de Perillo a Feira do Mel de Oleiros, que xa vai pola súa XXII edición.

Na feira ademáis de degustar, mercar unha gran variedade de meles e produtos da terra as e os visitantes poideron participar en numerosas actividades. Pero as máis pequenas e pequenos tiveron actividades específicas para elas e eles.

Durante boa parte da tarde desenvolveronse sesións de xogos, animación musical, pequenos obradoiros, globoflexia … estando todas estas pequenas actividades organizadas pola equipa profesional de DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais.

Todas as actividades estiveron ambientadas na temática da producción de mel: as abellas, os panais, as colmeas, os tipos de mel, os beneficios do seu consumo… Desta maneira ademáis de divertirse as nenas e nenos aprenderon cousas moi importantes sobre o mundo das abellas e do mel.


viernes, 4 de noviembre de 2011

DINAMO organiza o Magosto de Corme

Na tarde do 4 de novembro a equipa profesional de DINAMO organiza o magosto popular de Corme. Como en edicións anteriores a partir das 19:00 as veciñas e veciños poderán participar nas diferentes actividades organizadas dentro do magosto.

Ademáis de comer as castañas asadas haberá música tradicional en directo, así como xogos populares para as máis cativas e cativos.

O magosto celebrarase no porto de Corme, concretamente na lonxa (debido ás inclemencias do tempo).

O magosto de Corme goza dunha gran tradición, e todos os anos por estas datas as veciñas e veciños teñen unha cita ineludible coas castañas.

As actividades están organizadas polo Concello de Ponteceso e xestionadas por DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais SL.


jueves, 3 de noviembre de 2011

Caxoto Contacontos encheu de contos e historias o Teatro Arte Livre de Vigo


A pasada fin de semana as nenas e nenos vigueses poideron participar no espectáculo de narración oral “Contos de medo que deixan durmir” protagonizado por Caxoto Contacontos, membro da compañía DINAMOteatro.

O sábado 29 e o domingo 30 de outubro, ás 18:00 decenas de cativas e cativos ocuparon as butacas do Teatro Arte Livre da cidade olívica para escoitar contos, historias e outras andrómenas.

As actuacións formaron parte da Rede Galega de Salas, na que están disponibles todos os espectáculos de DINAMOteatro.


miércoles, 2 de noviembre de 2011

DINAMO animou o Magosto da ANPA Andares do CRA de Ponteceso


O pasado domingo 30 de outubro a equipa de DINAMO organizou varias actividades lúdicas no Magosto da ANPA Andares do CRA de Ponteceso, na propia vila.

Dende as cinco da tarde as cativas e cativos, as nais e país, e as mestras e mestres participaron nunha sesión de "xogos magosteiros” onde as castañas foron as auténticas protagonistas.

A continuación pequenas/os e maiores pasaron un bó anaco descubrindo e lembrando xogos tradicionais como a rá, os sacos, os aros, a sogatira ...

E para rematar a festa animación musical e globlofexia.

Ademáis todas as e os participantes poideron merendar na propia carpa habilitada para a actividade. Unha merenda ofrecida pola propia Asociación de Nais e Pais.

DINAMO organiza unha manchea de actividades no tempo dos magostos e do Samaín, algunha das cales iredes coñecendo neste blogue.


viernes, 28 de octubre de 2011

DINAMO participa nos Cursos de Voluntariado do Concello de Cambre


O próximo sábado 29 e domingo 30 de outubro celebraranse dous cursos de formación sobre a “Acción Voluntaria” organizados polo Concello de Cambre para as súas e seus voluntarios. Un será de formación básica e outro máis avanzado de formación específica.

Os cursos realizaranse no Albergue Xuvenil de Gandarío (Bergondo) pois as xornadas do curso son completas e inclúen a pernocta.

A equipa educativa de DINAMO encargarase das actividades máis lúdicas e de esparcemento, que son tan importantes como as propiamente formativas.

A convivencia nun albergue durante dúas xornadas precisa se momentos de descanso, de desconexión coas actividades formativas, de actividades informais, … e ahí estará a equipa educativa de DINAMO para que a actividade resulte levadeira, pracenteira e sobre todo enriquecedora.


viernes, 21 de octubre de 2011

DINAMO leva a a cabo Obradoiros de Envellecemento Activo en Santa Comba e Pontedeume

A equipa educativa de DINAMO está a organizar actividades de envellecemento activo no Concello de Santa Comba, todos os martes e venres ata final de ano.

Trátase de actividades lúdicas, formativas, saudables, ocupacionais … dende obradoiros manuais ata propostas físicas, pasando por actividades psicomotrices …

E no Concello de Pontedeume tamén DINAMO está levando a cabo actividades para as persoas maiores. Nas poucas semanas deste programa xa se fixeron obradoiros de risoterapia, globoflexia, maquillaxe de efectos …

O envellecemento é un fenómeno que afecta a todas as persoas dunha sociedade, polo que dende as entidades municipais débese abordar como unha necesidade primordial das súas veciñas e veciños.


jueves, 20 de octubre de 2011

DINAMO participa na Hora do Conto de Oleiros


Serán Caxoto Contacontos e Pedro Brandariz os que representen a DINAMO no Programa de Animación á Lectura “A Hora do Conto” no sistema de Bibliotecas do Concello de Oleiros.

Este programa leva a cabo sesións de contacontos en todas as bibliotecas do concello para nenas e nenos menores de 10 anos.

Nestas sesións participan grandes narradoras/es orais de Galicia e entre elas/os Caxoto Contacontos e Pedro Brandariz.

Algunhas das vindeiras datas son as seguintes:

Venres 21 de Outubro, 18:30 Biblioteca de Nós (Caxoto Contacontos)
Mércores 26 de Outubro, 18:30 Biblioteca de Santa Cruz (Caxoto Contacontos)
Xoves 27 de Outubro, 18:30 Biblioteca Central de Rialeda (Pedro Brandariz)
Mércores 2 de Novembro, 18:30 Biblioteca de Santa Cruz (Pedro Brandariz)
Venres 10 de Novembro, 18:30 Biblioteca de Mera (Caxoto Contacontos)
Martes 15 de Novembro, 18:30 Biblioteca de Oleiros (Caxoto Contacontos)
Martes 22 de Novembro, 18:30 Biblioteca de Montrove (Caxoto Contacontos)
Xoves 24 de Novembro, 18:30 Biblioteca Central de Rialeda (Caxoto Contacontos)