miércoles, 21 de octubre de 2015

DINAMO imparte un Obradoiro de Clown no Centro Ágora da Coruña

Dende o inicio do mes de outubro a equipa escénica de DINAMO imparte un Obradoiro de Clown no Centro Ágora da Coruña, dentro do Programa de Lecer do Outono que organiza o Concello da Coruña.

Todos os xoves de 19:00 a 20:30 ata o mes de decembro un grupo de 15 participantes aprenderán as técnicas básicas desta disciplina escénica, tan en boga na actualidade. 

Dende DINAMO impartimos todo tipo de cursos de carácter escénico, social e educativo. Se queredes recibir máis información podedes chamar ó 619.345.100 ou escribir a dinamo@dinamoxestion.com


No hay comentarios:

Publicar un comentario