jueves, 15 de octubre de 2015

DINAMO imparte o Curso AFD "Dinamización de Actividades de Tempo Libre Infantís e Xuvenís" en Xove

Dende o pasado 21 de setembro e ata decembro a equipa de DINAMO imparte un curso de formación ocupacional para desempregadas/os no Concello de Xove (Lugo), en concreto a seguinte acción formativa: "Dinamización de Actividades de Tempo Libre Infantís e Xuvenís".

O obxectivo do curso é formar a un grupo de 15 participantes como dinamizadoras/es para que poidan desempeñar tales funcións en diferetes entidades da comarca: concellos, centros educativos, asociacións, empresas... 

A formación contempla tanto unha fase presencial como unha parte de prácticas en moi diferentes entidades de acción local.

Dende DINAMO estamos especializadas/os na impartición de todo tipo de cursos dentro dos eidos social, cultural e educativo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario