domingo, 25 de octubre de 2015

DINAMO organizou parte das actividades dos Encontros de Voluntariado de Cambre

Esta pasada fin de semana a equipa profesional de DINAMO organizou boa parte das actividades formativas e de dinamización dos Encontros de Voluntariado do Concello de Cambre, uha cita que se ven repetindo dende hai bastante anos, con bastante éxito de participación. 

Dende DINAMO levamos a cabo as actividades de dinamización, distensión e animación, así como o módulos formativos de "Animación, Voluntariado e Diversidade Funcional" e "Hortas Urbanas e Voluntariado". 

No apartado de propostas de dinamización realizáronse actividades no comezo das sesións de traballo, así como nos tempos libres, e na velada.  Trátase de actividades dinámicas, activas, motivadoras... que son moi valoradas por todas e todos os participantes.

Dende DINAMO realizamos todo tipo de actividades para a xestión de programas de voluntariado, apoio, asesoramento...




No hay comentarios:

Publicar un comentario