lunes, 30 de mayo de 2011

DINAMO organiza un Obradoiro de Cociña para as cativas e cativos de Novo Mesoiro

Nas tardes do Luns 30 de Maio e Mércores 1 de Xuño as nenas e nenos, cunha idade comprendida entre os 3 e os 10 anos e residentes en Novo Mesoiro, poderán participar nun Obradoiro de Cociña. A actividade vaise desenvolver no Centro Cívico Municipal de Novo Mesoiro, o luns e o mércores de 18:00 a 19:30.

Estes obradoiros de cociña, que dinamizan a equipa educativa de DINAMO, promoven que as pequenas e pequenos coñezan os alimentos, adquiran a súa primeira experiencia coa cociña e sobre todo que aprendan hábitos alimentarios saudables ademáis de concienciar nos novos roles de xénero: que a cociña é tanto para os nenos como para as nenas. Desta maneira, aprendendo dende as idades máis temperás acadaremos os obxectivos educativos programados.

Evidentemente as receitas serán moi sinxelas, moi divertidas, e sobre todo saudables.Por exemplo, neste obradoiro en concreto centraranse nas enormes posibilidades que nos ofrecen as froitas.

DINAMO organiza obradoiros de cociña en moitísimos concellos de Galicia pois o abano de obxectivos acadados é moi amplo: aprendizaxe de técnicas e receitas, fomento de hábitos alimentarios saudables, revisión dos roles de xénero …




viernes, 27 de mayo de 2011

DINAMO presenta actividades novidosas para o peche do curso escolar

Todos os anos cando remata o curso escolar en moitos centros educativos celebranse festas de despedida, actividades lúdicas, didácticas ...  para deixar as obrigas académicas con boas sensacións.

Dende DINAMO ofrecemos ós centros educativos, asociacións de nais e pais, mestras e mestres un amplo catálogo de posibilidades, dende pequenos obradoiros, ata grandes festas de animación, pasano polas actuacións musicais e teatrais …

Na proposta, que xa enviamos a todos os centros educativos de Galicia, hai tanto actividades para as máis cativas/os (Educación Infantil e Primaria) como para as e os maiores (Educación Secundaria), incluso para as nais e país.

Se queres recibir a Proposta de Actividades para Fin de Curso de DINAMO só tes que solicitalo no 647.488.688 ou escribindo un correo a dinamo@dinamoxestion.com


miércoles, 25 de mayo de 2011

DINAMO participa na Hora do Conto das Bibliotecas de Oleiros

Durante os pasados meses CAXOTOcontacontos, membro de DINAMOteatro participou nas sesións de contacontos englobadas en “A hora do conto”, programa de animación á lectura que desenvolve BibliOleiros, ou o que é o mesmo, o sistema de bibliotecas do Concello de Oleiros.

O narrador oral Caxoto percorreu as bibliotecas do concello oleirense, igual que outros contacontos de recoñido prestixio:  Paula Carballeira, Soledad Felloza, Pablissimo, Fran Ínsua, Compañía do Trinke-Trinke …

Nas sesións de contacontos Caxoto vai debullando pequenas e grandes historias, clásicas e contemporáneas, de autoras e autores de toda a vida e contiños de creación propia.
Para consultar o calendario de actuacións podedes entrar na páxina www.oleiros.org


martes, 24 de mayo de 2011

Un ano máis DINAMO participou na xestión de OCIOLEIROS

Hai poucos días remataron no Concello de Oleiros as actividades enmarcadas dentro dos programas de lecer Ocioleiros, Xoveoleiros, … Foron actividades para a xente moza e non tan moza que se desenvolven no tempo de lecer, e durante 14 semanas.

DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais levou a cabo algunas das propostas máis senlleiras do programa, como foron as seguintes:

-         -  Obradoiros de Risoterapia
-         -  Obradoiro de Grafite
-         -  Obradoiro de Costura de Supervivencia
-         -  Obradoiro de Coiro

Este é un dos programas socioculturais con maior éxito do Concello de Oleiros, nos que participan centos e centos de veciñas e vecinos.

DINAMO xestiona diferentes programas de lecer xuvenil en diferentes concellos galegos, organizando actividades novidosas, creativas e cun gran éxito de participación.



jueves, 19 de mayo de 2011

Rematou o Obradoiro de Luces e Son impartido por DINAMO no Concello de Ames

O pasado mércores rematou o Obradoiro de Luces e Son que se desenvolveu durante tres meses na Casa da Cultura de Bertamiráns.  Neste obradoiro dirixido a mozas e mozos traballouse dende un punto de vista escénico e teatral. As e os participantes descubriron as técnicas básicas de iluminación e son, dunha maneira lúdica, amena e divertida.

As clases foron impartidas pola equipa escénica de DINAMO, concretamente por un dos seus técnicos especialistas en son e iluminación. A metodoloxía foi totalmente práctica e ademáis as alumnas e alumnos traballaron con todos os materiais precisos para una boa aprendizaxe.

Esta acción forma parte dun amplo programa formativo que ten como obxectivo a formación escénica  integral das mozas e mozos.



miércoles, 18 de mayo de 2011

O Comando D reapareceu no Día Internacional do Comercio Xusto


O pasado sábado, 14 de maio, o Comando D apareceu de novo, desta volta na céntrica Praza de Lugo na Coruña para celebrar o Día Internacional do Comercio Xusto.

A celebración, organizada na cidade da Coruña pola ONG Solidariedade Internacional de Galicia, contou cun amplo abano de actividades e iniciativas, como foron as seguintes:

-          Exposición e venta de productos
-          Obradoiros para as máis pequenas e pequenos
-          Música en directo
-          Espectáculos teatrais
-          Degustacións
-         

E entre esas actividades estivo a animación de rúa levada a cabo polo “Comando D” un grupo de superhéroes que animaron ás coruñesas e coruñeses a mercar con criterios de comercio xusto, non só o 14 de maio, senón todo o ano.

 

lunes, 16 de mayo de 2011

Todas as actividades de DINAMO para celebrar o Día das LETRAS GALEGAS

Durante todo o mes de Maio a equipa de DINAMO leva a cabo un amplo programa de actividades en relación ó Día das Letras Galegas 2011. Son actividades que teñen como obxectivo fundamental lembrar a obra do homenaxeado este ano, Lois Pereiro, así como para fomentar o uso da lingua galega e a lectura.

Algunhas das máis importantes son as seguintes:

Sábado 14 de Maio. 17:00. Contacont. de CAXOTO. CC. Pontevella. Ourense.
Martes 17 de Maio. 17:00. Contacontos de CAXOTO. Concello de Cabanas.
Mércores 18 de Maio. 16:00. Festa da Lingua. CEIP. Isidro P. Pondal. Oleiros.
Mércores 18 de Maio. 18:00. Obradoiro Lois Pereiro Pop. CCM. Novo Mesoiro.
Xoves 19 de Maio. 10:30. Monólogo de Pedro Brandariz. No CPFI Compostela.
Venres 20 de Maio. 10:30. Monólogo Pedro Brandariz. No IES Mosteirón. Sada.
Venres 20 de Maio. 17:00. Contacontos de CAXOTO. Concello Oza dos Ríos.
Venres 20 de Maio. 19:00. Monólogo de Pedro Brandariz. CCM. Monte Alto

Ademais DINAMO tamén participa no programa “O galego medra contigo” que desenvolve o Concello da Coruña, do que xa publicamos unha entrada nos días pasados.

Ademáis dende DINAMO realizamos un deseño propio da imaxe de Lois Pereiro, que presentamos na imaxe adxunta: