martes, 19 de julio de 2016

DINAMO organizou a Noite Branca de Culleredo 2016

O pasado venres 15 de xullo a equipa profesional de DINAMO xestionou as actividades da Noite Branca de Culleredo, concretamente na Zona Comercial do Burgo.

Durante todo o día desenvolvéronse unha manchea de actividades e propostas para todas as idades.

Pola tarde as actividades tiveron lugar na Praza Europa: hinchables, obradoiros, photocall, xogos populares, festa infantil, lip dub, flash mob... E á noite a actividade trasladouse ás ruas peonís do Burgo con propostas como: speaker, postos de flocos de millo, concerto de Robert Pier e de Los Mecánicos, animación teatral...

Ademáis organizouse unha Happy Hour onde participaron moitos dos establecementos comerciais. Neste caso a decoración e ambientación dos postos tamén foi labor de DINAMO.





lunes, 11 de julio de 2016

DINAMO levou a cabo, un ano máis, o Programa de Envellemento Activo de Cabanas

Un ano máis a equipa profesional de DINAMO retomou o Programa de Envellecemento Activo de Cabanas, no que se realizan actividades de carácter físico e intelectual para poñer en forma o corpo e a mente: ximnasia de mantemento, obradoiros de memoria e habilidades mentais...

Pero este ano introducimos outro tipo de actividades como obradoiro de contacontos, saídas culturas, obradoiros de historia local e xeral... 

A pretensión principal deste programa é a de ofrecer actividades motivadoras, novidosas e atractivas para as e os maiores de Cabanas, para que desta maneira poidan prolongar a súa vida autónoma, gozando de boa saúde e mantendo inquedanzas culturais e intelectuais.




jueves, 7 de julio de 2016

DINAMO organizou un Obradoiro de Acrobacias na Casa da Xuventude de Cambre

Este mércores 7 de xullo, a equipa de DINAMO levou a cabo un Obradoiro de Acrobacias e Equilibrios Circenses na Casa da Xuventude de Cambre, ubicada na Casa das Palmeiras do Temple.

Neste obradoiro as mozas e mozos de Cambre poideron aprender as técnicas máis básicas das técnicas circenses da acrobacia e dos equilibrios, moi similares a técnicas de cultura urbana como o parkour.

Dende DINAMO ofrecemos un amplo abano de propostas circenses e de cultura urbana para a mocidade.


DINAMO desenvolveu Accións Ambientais no Reparto de Madeira na Noite de San Xoán coruñesa

A pasada noite de San Xoán unha equipa de 32 persoas desenvolveu tarefas de educación ambiental e prevención de residuos no reparto de madeira nos areais couñeses, organizado polo Área de Medio Ambiente do concello herculino.

Dende o concello organizaron o reparto de madeira para evitar que se queimaran residuos tóxicos, plásticos e outro elementos nos areais. Polo tanto as educadoras/es ademáis de repartir a madeira sensibilizaron na prevención de residuos, indicando os numerosos puntos de recollida, contenedores de vidro...

Froito desta acción que se leva realizando varios anos, cada vez mitígase o devastador efecto do lixo nas praias e en casos concretos, como a praia de San Amaro case non se recolleu lixo na area.

Dende DINAMO deseñamos e executamos todo tipo de campañas e programas de educación ambiental, tanto a pequeno como gran formato.


domingo, 3 de julio de 2016

"E ti cantas nais tes?" de DINAMOteatro no Orgullo da Diversidade de Barbadás

O pasado 29 de xuño, e dentro do programa de actividades "O Orgullo da Diversidade" do Concello de Barbadás, a compañía DINAMOteatro representou o espectáculo "E ti cantas nais tes'" para as máis cativas e cativos. 

A través deste contacontos preténdese concienciar e dar a coñecer a diversidade das familias, así como sensibilizar no respecto por todas as orientación sexuais e todas as persoas, sexan heterosexuais, homosexuais, gais, lesbianas, transexuais...

Cada vez son máis os concellos que celebran o Día Do Orgullo LGTBQI co obxectivo de normalizar a diversidade, e dende DINAMO ofrecemos un amplo catálogo de posibilidades para a dinamización sociocultural dende este eido.


martes, 7 de junio de 2016

DINAMO organiza Obradoiros de Cociña e Cócteles sen Alcol en San Sadurniño

Durante catro venres de maio e xuño a equipa profesional de DINAMO desenvolverá Obradoiros de Cociña e Cócteles sen Alcol dentro do Programa de Lecer Alternativo "Venres en Sansa", organizado polo Concello de San Sadurniño para a mocidade.

"Venres en Sansa" trátase dun programa de actividades lúdicas e formativas para fomentar hábitos saudables entre a xuventude e previr condutas nocivas.

A equipa de DINAMO desenvolve neste programa Obradoiros de Cociña e Cócteles sen Alcol. As actividades de cociña supoñen unha magnífica oportunidade didáctica para a mocidade, pois apórtalles capacidades e autonomía, trabállase a igualdade de xénero, e foméntase hábitos alimentarios positivos. E os cócteles sen alcol teñen unha funcionalidade clara. amosar ás mozas e mozos que se poden beber cócteles moi eleborados, pero moi saudables. 

Dende DINAMO levamos a cabo unha manchea de actividades e propostas para a mocidade. Se queres recibir a nosa proposta só tes que chamar ó 619.345.100 ou escribir a dinamo@dinamoxestion.com




domingo, 5 de junio de 2016

DINAMO levou a cabo o Programa "Comida e Saude" nos tres IES de Oleiros

Durante todo o curso escola 2015-16 as alumnas e alumnos de 1º e 2º da ESO dos tres IES do Concello de Oleiros participaron no Programa Educativo “Comida e Saúde”, organizado polo Concello de Oleiros e xestionado e desenvovido pola equipa profesional de Dinamo.

Trátase de actividades en torno a un dos piares básicos da Educación para a Saude: a alimentación, sobre todo nun sector de poboación tan importante como a mocidade.

O obxectivo primordial é o de promover hábitos de vida saudable a nivel físico e e emocional, sentando as bases do benestar nas necesidades reais por riba de presións sociais, mediáticas e de mercado.

Dinámicas de grupo, traballo en equipo, xogos, rollplai, estudo de casos, reflexións e debates, consulta de materiais … son algunhas das actividades que se levaron a cabo nas sesións de traballo coas mozas e mozos.

Este ano o programa dividese en dous bloques temáticos:

-       Vida saudable: para as alumnas e alumnos de 1ºESO.
-       Alimentación e Deporte: para as alumnas e alumnos de 2ºESO

“Comida e Saúde” é tan só un dos múltiples programas educativos que DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais SL  desenvolve en diferentes concellos e entidades, e dos que damos conta neste blogue de forma periódica